GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os emigrantes retornados emprendedores poden acollerse á nova axuda da Xunta de 12,2M€ destinada a impulsar o emprego autónomo

(05/08/2021)

As e os emigrantes retornados emprendedores poden acollerse á nova axuda da Xunta de 12,2M€ destinada a impulsar o emprego autónomo

As axudas poden solicitarse desde hoxe e ata o próximo 30 de setembro.

 

Para a promoción do emprego autónomo destínanse 11,2 millóns de euros con axudas máximas de ata 10.000 euros para facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais. 

 

Os incentivos á contratación indefinida do primeiro, segundo ou terceiro traballador ou traballadora, cun orzamento dun millón de euros, inclúen un bono contratación de ata un máximo de 22.500 euros e un bono formación de 4.000 euros.

 

A este financiamento súmanse os máis de 587 M€ que a Xunta puxo a disposición de autónomas e autónomos e empresas en tempo récord para axudarlles a manter a súa actividade económica fronte á pandemia a través dos plans de rescate e outras axudas directas. 

 

As contías destas axudas poden incrementarse nun 25% no caso do que as beneficiarias ou beneficiarios sexan emigrantes retornados

As contías destas axudas poden incrementarse nun 25% no caso do que as beneficiarias ou beneficiarios sexan emigrantes retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021.

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, abre hoxe o prazo para solicitar as axudas destinadas a impulsar o emprego autónomo e apoiar a consolidación do xa existente, que contan cun orzamento de 12,2 millóns de euros. Trátase de dous programas aos que poden acollerse as e os emigrantes retornados emprendedores e que inclúe dúas liñas de financiamento. A previsión do Goberno galego é poder beneficiar a 3.000 autónomas e autónomos e 90 empresas a través desta iniciativa. 

 

Por unha banda, co obxectivo de facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais, invístense 11,2 millóns de euros. Esta liña de financiamento establece  incentivos de 2.000 euros para apoiar o inicio da actividade das e dos autónomos, duplicándose a contía ata os 4.000 euros para as e os menores de 30 anos, os parados e paradas de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. As contías poden incrementarse nun 25% no caso do que as persoas beneficiarias sexan mulleres, persoas emigrantes retornadas, maiores de 45 anos ou no caso de que a empresa estea emprazada nun concello rural, entre outros supostos. Así, as axudas máximas poden alcanzar os 10.000 euros. 

 

Poden optar a estas axudas as persoas dadas de alta no Reta, noutro réxime especial por conta propia ou en mutualidades profesionais entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. É preciso ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da axuda e que se desenvolva en Galicia, entre outros requisitos.  

 

Esta mesma convocatoria, que se publicou onte no DOG, inclúe tamén axudas para que as e os autónomos poidan contratar de xeito indefinido a traballadoras e traballadores. Así, para a primeira persoa traballadora indefinida, as axudas van desde os 4.000 euros aos 6.500 nos casos de paradas e parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Para incorporar á segunda e terceira persoa traballadora indefinida, a axuda irá desde os 6.500 euros ata os 9.000 euros. Estes apoios poden incrementarse nun 25% nos mesmos supostos que no programa de impulso ao emprego autónomo. Estas axudas poden alcanzar os 22.500 euros e, ademais, ponse en marcha por segundo ano o bono formación, que inclúe 4.000 euros por persoa contratada, sendo compatible co bono contratación. 

 

Este programa súmase aos máis de 587M€ que a Xunta puxo a disposición de autónomas e autónomos e empresas en tempo récord para axudarlles a manter a súa actividade económica fronte á pandemia a través dos plans de rescate e axudas directas.

 

Outras liñas de axudas que a Xunta convocou este ano dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia son o Bono Autónomo para a mellora do rendemento empresarial e profesional das e dos autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses; os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación; e as axudas ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, así como os apoios ás asociacións de autónomas e autónomos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas