GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra que mañá remata o prazo de presentación de solicitudes para optar á posta en marcha de obradoiros nas entidades galegas do exterior

(04/08/2021)

Emigración lembra que mañá remata o prazo de presentación de solicitudes para optar á posta en marcha de obradoiros nas entidades galegas do exterior

Haberá dúas modalidades, presencial e virtual, para talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega.

 

O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia. 

 

Haberá dúas modalidades, presencial e virtual, para talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega

Haberá dúas modalidades, presencial e virtual, para talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que mañá remata o prazo para a presentación de solicitudes de obradoiros  de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior.

 

O departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volveu a ofrecer axudas para a posta en marcha de obradoiros presenciais nas entidades galegas do exterior, aínda que, por primeira vez, tamén se poderán organizar de xeito telemático, continuando coas medidas de seguridade sanitarias a causa da pandemia da covid-19.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo a realización de obradoiros de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanais (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais), cociña galega e seminarios de cultura galega (tradición e modernidade). As entidades poderán solicitar, por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor un profesor ou profesora para que o imparta, sempre que estea incluído nas listaxes de persoas formadoras na modalidade solicitada.

 

En total, a Secretaría Xeral destina 150.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas,  sendo así sufragada a súa realización na súa práctica totalidade pola administración autonómica, de cara a apoiar aos centros tralas complicacións económicas xurdidas nas entidades pola pandemia.

 

A modalidade presencial destes obradoiros desenvolverase nas instalacións dos centros con tódalas medidas de seguridade sanitaria, creándose, a maiores, por primeira vez, a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. 

 

Máis información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas