GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración informa ás entidades galegas de España e Europa sobre o programa “Reencontros co Xacobeo”

(03/08/2021)

Emigración informa ás entidades galegas de España e Europa sobre o programa “Reencontros co Xacobeo”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou aos centros galegos esta iniciativa que está destinada aos maiores de 65 anos que poderán coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que realicen o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen.

 

A selección das persoas participantes, ata un total de 150, realizarse a través das propias entidades galegas.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 16 deste mes.

 

Antonio Rodríguez Miranda, durante o webinario informativo coas entidades galegas

Antonio Rodríguez Miranda, durante o webinario informativo coas entidades galegas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co subdirector Antonio Casas e o técnico Jesús Lobo, mantiveron unha reunión telemática coas entidades galegas de España e o resto de Europa co obxectivo de informarlles acerca do novo programa deste departamento autonómico denominado “Reencontros co Xacobeo” e que ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas a estes centros do exterior.

 

Deste xeito, vólvense a por en marcha os programas de achegamento a Galicia dos galegos e galegas do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo, e limitando a participación ao continente europeo por mor da aplicación do control das medidas sanitarias marcadas pola pandemia da covid-19.

 

Este programa realízase a través das entidades galegas do exterior das diferentes comunidades autónomas de España e de Europa inscritas no Rexistro da Galeguidade, facilitando que ata 150 galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos poidan coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento. 

 

Estas actividades realizaranse na primeira semana de outubro as persoas procedentes de Europa e na segunda as de España.  

 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados das e dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 16 de agosto. Máis información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas