GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As emprendedoras galegas retornadas poden solicitar ata o 16 de agosto as axudas de ata 42.000 euros do programa EMEGA

(02/08/2021)

As emprendedoras galegas retornadas poden solicitar ata o 16 de agosto as axudas de ata 42.000 euros do programa EMEGA

O programa, dotado con 3,2 millóns de euros, crece un 54% máis con respecto o ano anterior, acadando o seu orzamento máximo.

 

A intensidade da axuda varía en función dos postos de traballo feminino xerados. 

 

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2021.

 

As mulleres emprendedoras galegas retornadas poden solicitar ata o próximo 16 de agosto as axudas da nova convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino, dotado con 3,2 millóns de euros, un 54% máis que no ano anterior, e que acada este ano o seu orzamento máximo.

 

O programa, da Consellería de Emprego e Igualdade, está integrado por catro liñas: Emprende, para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas; Activa, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; ITEF, para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais de carácter innovador no eido da investigación e da tecnoloxía; e a liña Concilia, complementaria das tres anteriores, para favorecer a conciliación tanto das promotoras como das persoas traballadoras ao seu cargo. 

 

A contía dos apoios vai dos 8.000 euros por beneficiaria aos 42.000, baremados en función da liña solicitada e do número de postos de traballo (de un a máis de catro) ocupados por mulleres nestas empresas. Para minimizar os efectos da covid-19 a Xunta decidiu incrementar este ano en 2.000 euros todos os incentivos, coa finalidade de chegar a maior número de empresarias e favorecer un emprendemento máis estable. 

 

Para resultar beneficiarias do programa Emega, as mulleres emprendedoras deben liderar unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia e deben ter, entre outros requisitos, vinculación laboral co proxecto que, á súa vez, ten que ser viable económica, técnica e financeiramente. 

 

O pasado 2020 o programa permitiu apoiar a cifra récord de 197 iniciativas empresariais de mulleres e a creación ou mantemento de 323 postos de traballo femininos. Desde 2009, o Goberno galego leva investidos cerca de 11 millóns de euros no programa, que alumeou 900 proxectos empresariais femininos que permitiron crear 1.416 postos para mulleres.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas