GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España duplicou nun ano as axudas por razón de necesidade e a asistencia sanitaria aos españois en Venezuela

(30/07/2021)

España duplicou nun ano as axudas por razón de necesidade e a asistencia sanitaria aos españois en Venezuela


Redacción, Caracas / Madrid | 29 de xullo de 2021




Novo edificio da FES que entrará en funcionamento tras a tempada estival.


A Dirección Xeral de Migracións (DGM) do Ministerio de Inclusión Seguridade Social e Migracións, e tramitados a través da Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Caracas, recoñeceu o dereito ao percibo da prestación por razón de necesidade (PRN) en Venezuela a 4.051 emigrantes españois, maiores de 65 anos e que carezan de rendas ou ingresos insuficientes incluíndo ademais a asistencia sanitaria médico cirúrxica e farmacolóxica a través da Fundación España Saúde (FES), coas seguintes prestacións para os pensionistas:

• APS (Atención Primaria de Saúde) con médicos internistas contando nestes momentos en todo o país con 28 profesionais e convenios subscritos con 59 clínicas privadas.

• Atención especializada ambulatoria: Consulta para todas as especialidades médicas e cirúrxicas e servizos auxiliares de diagnóstico con profesionais e servizos incorporados baixo os criterios da FES, así como estudos clínicos que puidesen necesitar.

• Subministración de medicamentos, cubrindo todo o referente a tratamentos crónicos e agudos sen límite, e sempre avalados por un médico da FES.

• Hospitalización e Cirurxía cunha cobertura de 4.000 dólares americanos por persoa e ano. Os 4.000 dólares non afectan á cobertura de prótese e implantes cardiovasculares os cales contan cun fondo aparte cos que se cobre o custo.

• Atención medica domiciliaria (AMD), prestada mediante convenio con empresa privada en todo o país.

• Atención odontolóxica excepto dotación de prótese.

• Asistencia funeraria en convenio coa empresa Interasit.

A DGM fai constar o incremento habido no número de beneficiarios, pasando de 1.900 a finais de 2018 aos 4.051 da nómina abonada no mes de xullo do presente ano, incrementándose en máis de 2.000 persoas beneficiadas, por un importe de 4.572.201.15 euros que cobraron os emigrantes españois perceptores das PRN nas súas contas correntes no BBVA Banco Provincial. Esta cantidade abónase catro veces ao ano. Á súa vez, ese incremento en pensionistas supón un incremento na contía do Convenio coa FES, a razón de 828 euros por persoa e ano.

Así mesmo, as mesmas fontes ministeriais indicaron que o convenio coa FES segue en vixencia e será renovado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas