GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra que a solicitude do programa “Conecta co Xacobeo” finaliza o vindeiro 2 de agosto

(30/07/2021)

Emigración lembra que a solicitude do programa “Conecta co Xacobeo” finaliza o vindeiro 2 de agosto

O programa desenvolverase en dúas quendas, unha na segunda quincena de setembro e outra ao remate do primeiro grupo.

 

As e os participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela.

 

En total ofértanse 200 prazas para persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 64 anos

En total ofértanse 200 prazas para persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 64 anos

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021.

 

As entidades galegas asentadas en España e resto de Europa teñen de  prazo ata o vindeiro 2 de agosto para presentar a relación de  solicitantes para o programa “Conecta co Xacobeo”

 

Esta nova iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración bríndalle aos futuros beneficiarios e beneficiarias a oportunidade de percorrer 100 km do Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar ao km 0 na compostelá Praza do Obradoiro, durante as que non só coñecerán o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando, senón que tamén reforzarán os lazos coa súa terra. 

 

En total ofértanse 200 prazas, podendo propoñer candidatas e candidatos nesta convocatoria tódalas entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade e as persoas vinculadas a estas de idades entre 18 e 64 anos.

 

O programa desenvolverase en dúas quendas. Na primeira quenda do 18 ao 26 de setembro participarán as persoas seleccionadas segundo a proposta das entidades galegas asentadas nas comunidades autónomas de España e, unha vez rematada, iniciarán o percorrido as persoas procedentes dos demais países de Europa. 

 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados das e dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas