GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta subvencionará con doce millóns a contratación de 1.200 persoas de colectivos prioritarios

(27/07/2021)

A Xunta subvencionará con doce millóns a contratación de 1.200 persoas de colectivos prioritarios

 

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

 

MONICA IRAGO

Os contratos bonifícanse con contías que van dos 6.000 aos 16.000 euros

 

27 jul 2021

 

A Xunta convocou onte, no Diario Oficial de Galicia, unha nova edición do programa Galicia Emprega, co que apoiará a contratación duns 1.200 desempregados pertencentes a colectivos prioritarios -mulleres, novas, discapacitados e parados de longa duración-.

 

Para iso disporá axudas por importe de 12,15 millóns de euros, que se poderán solicitar de aquí ao 30 de setembro.

 

Por unha banda, apóiase cun bono formación aos traballadores para que poidan responder as necesidades formativas do tecido empresarial e, por outra, ofrécense incentivos ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.

 

Estes contratos bonifícanse con contías que van dos 6.000 aos 16.000 euros. Entre 3.000 e 8.000 recibirán as firmas que incorporen a persoas destes colectivos prioritarios mediante vinculación temporal.

 

Estas contías incrementaranse nun 25 % en empresas radicadas en concellos rurais, así como para a inserción de persoas maiores de 45 anos ou emigrantes retornados.

 

Tamén se premiará a conversión de contratos eventuais a indefinidos (máximo de 3.000 euros) e o incremento das xornadas (ata 2.000 euros).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas