GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno inclúe dous novos supostos de adquisición da nacionalidade española na súa Lei de Memoria Democrática

(20/07/2021)

O Goberno inclúe dous novos supostos de adquisición da nacionalidade española na súa Lei de Memoria Democrática


Crónicas da Emigración

Redacción, Madrid | 20 de xullo de 2021


Ministro de la Presidencia

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.


O Goberno incluíu dous novos supostos de adquisición da nacionalidade española no Proxecto de Lei de Memoria Democrática, que aprobou o Consello de Ministros este martes 20. O primeiro suposto contempla aos fillos e fillas nacidos no exterior de mulleres españolas que perderon a súa nacionalidade por casar con estranxeiros, antes da entrada en vigor da Constitución de 1978. O segundo refírese aos fillos e fillas maiores de idade daqueles españois a quen lles foi recoñecida a nacionalidade de orixe en virtude do dereito de opción.

As medidas de reparación están contempladas no capítulo III deste proxecto de lei que se remitirá ás Cortes para o seu debate. Inclúense actuacións como a investigación dos bens expoliados durante a Guerra Civil e a Ditadura ou o recoñecemento e reparación das vítimas que realizaron traballos forzados.

Como medida reparadora dos que sufriron o exilio inclúense dous novos supostos de adquisición da nacionalidade española: 1.-Os fillos e fillas nacidos no exterior de mulleres españolas que perderon a súa nacionalidade por casar con estranxeiros, antes da entrada en vigor da Constitución de 1978. 2.-Os fillos e fillas maiores de idade daqueles españois a quen lles foi recoñecida a nacionalidade de orixe en virtude do dereito de opción.

O ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, destacou que a lei expón dous novos supostos para optar á nacionalidade española. Poderán facelo os fillos e fillas das españolas que casaron con estranxeiros durante a ditadura e perderon a súa nacionalidade, e tamén os fillos maiores de idade daqueles a quen xa se lles deu a opción de conseguila na lei de 2007: “Entón só afectou os fillos menores, agora abrimos tamén a posibilidade aos fillos maiores de idade naquela data”.

65 artigos

O texto consta de 65 artigos, agrupados en 5 títulos, estruturados en torno ao protagonismo e a reparación integral das vítimas da Guerra Civil e a Ditadura, así como ás políticas de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición.

O ministro Félix Bolaños destacou, como obxectivos principais da futura lei, a recuperación, salvagarda e difusión dos valores democráticos, os dereitos fundamentais e a súa reivindicación ao longo da historia contemporánea, e o recoñecemento de todas as vítimas do golpe de estado de xullo do 1936 e da posterior ditadura.

“Esta é a primeira lei en que se condena e repúdiase expresamente o golpe de estado e a ditadura posterior, que supuxeron o período máis negro da nosa historia contemporánea”, subliñou. As violacións de dereitos humanos que se produciron nese período decláranse inxustas, considéranse ilexítimos os tribunais de excepción que ditaron sentenzas e estas decláranse nulas.

Exponse a creación de dous días de homenaxe. A primeira data, o 31 de outubro, será o Día de todas as vítimas da guerra civil, do golpe de estado e da ditadura. O 8 de maio, Día das persoas exiliadas, lembrarase a todas aquelas persoas que tiveron que abandonar España.

O ministro cualificou tamén de homenaxe o valor destacado que a lei outorga ás mulleres, moitas das cales foron vítimas e represaliadas só pola súa condición de tales, e reivindicou o seu papel como protagonistas principais da vida política e cultural e da recuperación da democracia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas