GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda informa ás Entidades Galegas do Exterior do Programa de Obradoiros para as entidades galegas do Exterior

(20/07/2021)

Miranda informa ás Entidades Galegas do Exterior do Programa de Obradoiros para as entidades galegas do Exterior

O secretario xeral da Emigración recordou aos representantes dos centros de Europa e América que como novidade, nesta convocatoria haberá dúas modalidades, presencial e virtual.

 

O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia.

 

Miranda informa ás Entidades Galegas do Exterior do Programa de Obradoiros para as entidades galegas do Exterior

Miranda informa ás Entidades Galegas do Exterior do Programa de Obradoiros para as entidades galegas do Exterior

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión telemática cos representantes das entidades galegas do exterior de Europa e América co obxectivo de informarlles sobre o novo programa de obradoiros que acaba de facer público este departamento autonómico.

 

A convocatoria estará aberta ata o próximo 5 de agosto e permitirá aos centros e asociacións poñer en marcha obradoiros de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais), cociña galega e seminarios de cultura galega (tradición e modernidade).

 

Tal e como explicou o secretario xeral, tralo peche das actividades presenciais en 2020, retómase a posibilidade de que as entidades poñan en marcha obradoiros nos seus propios espazos pero tamén, poderán, como novidade, organizalos de xeito telemático, continuando coas medidas de seguridade sanitarias a causa da pandemia da Covid-19. Créase así, por primeira vez, a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumno interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas actividades.

 

En total, a Secretaría Xeral destina 150.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas,  sendo así sufragada a súa realización na súa práctica totalidade pola administración autonómica, de cara a apoiar aos centros tralas complicacións económicas xurdidas nas entidades pola pandemia.

 

As entidades poderán solicitar por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor un profesor para que o imparta, sempre que estea incluído nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada.

 

Os centros e asociacións interesadas teñen de prazo ata o próximo 5 de agosto para solicitar estas axudas, e deberán estar inscritas no Rexistro de Galeguidade, aínda que excepcionalmente poderán concederse a outras entidades se xustifican que contan cun grupo folclórico consolidado. Para a realización de obradoiros de cociña ou de seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos axeitados, e ter entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas