GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración dedica o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 a contidos relacionados coa lingua galega

(20/07/2021)

Emigración dedica o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 a contidos relacionados coa lingua galega

Nos seguintes días descubriremos o proxecto de dinamización do patrimonio cultural inmaterial galego no marco da iniciativa Ponte... nas Ondas!, así como os cantares de tradición oral no Camiño Portugués, faremos un percorrido pola paisaxe galega e coñeceremos a Sofía, un espectáculo unipersoal próximo ao teatro-conferencia da actriz Marta Pérez.

 

Pódense contemplar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia de Galicia, Música e Artes escénicas.

 

Emigración dedica o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 a contidos relacionados coa lingua galega

Emigración dedica o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 a contidos relacionados coa lingua galega

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web "GaliciaAberta", os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que as galegas e galegos do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

 

Nesta ocasión descubriremos o proxecto de dinamización do patrimonio cultural inmaterial galego no marco da iniciativa Ponte... nas Ondas!, así como os cantares de tradición oral no Camiño Portugués, faremos un percorrido pola paisaxe galega e coñeceremos a Sofía, un espectáculo unipersoal próximo ao teatro-conferencia da actriz Marta Pérez.

 

No capítulo de Ciencia e historia galega achegámonos ata 25 Pontes, un proxecto de dinamización do patrimonio cultural inmaterial galego a través de pezas interactivas e audiovisuais, así como de posta en valor deste patrimonio no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas!.

 

En canto as Artes escénicas, destacar a proposta da actriz Marta Pérez Alonso que nos presenta Sofía, un espectáculo unipersoal próximo ao teatro-conferencia no que fai unha reflexión entorno á necesidade de facer un cálculo do que é ou non é violencia machista.

 

A través do contedor do Xacobeo, podemos coñecer á serie documental Miramemira, composta por 4 capítulos nos que se fai un percorrido pola paisaxe galega e a vida das persoas que a habitan e conforman seguindo o Camiño de Santiago de leste a oeste. Finalmente, en canto a Música, Leni Pérez e Roberto Comesaña interpretan cantares de labor, de lecer, do ciclo anual e romances, todos eles en galego e que se foron recollendo en localidades por onde pasa o Camiño Portugués.

 

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas