GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración retoma o Programa de Reencontros invitando a 150 galegos de España e resto de Europa a participar no Xacobeo

(16/07/2021)

Emigración retoma o Programa de Reencontros invitando a 150 galegos de España e resto de Europa a participar no Xacobeo

Dende hoxe, ábrese o prazo para a inscrición nesta  convocatoria que se realizará a través das entidades galegas do exterior das diferentes comunidades autónomas e de Europa.

 

O programa diríxese aos maiores de 65 anos e permitiralles coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que realicen o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen.

 

Emigración retoma o Programa de Reencontros invitando a 150 galegos de España e resto de Europa a participar no Xacobeo

Emigración retoma o Programa de Reencontros invitando a 150 galegos de España e resto de Europa a participar no Xacobeo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia fixo pública onte a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha do programa Reencontros co Xacobeo, recuperando así unha das iniciativas de lecer para os galegos do exterior de máis de 65 anos que tivo que ser suspendida o ano pasado a causa da pandemia da Covid-19  (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210715/AnuncioG0595-050721-0001_gl.html).

 

Deste xeito, dende hoxe ábrese o prazo para a inscrición nesta convocatoria que se realiza a través das entidades galegas do exterior das diferentes comunidades autónomas e de Europa, inscritas no Rexistro da Galeguidade.

 

O departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volve así a recuperar esta actividade de ocio para os galegos do exterior centrándoa nesta ocasión na celebración do Xacobeo 21-22. Esta iniciativa permitirá aos galegos do exterior coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento.

 

Esta iniciativa oferta 150 prazas para centros galegos situados en España e en Europa, realizando as actividades na primeira semana de outubro as persoas procedentes de Europa e na segunda as de España.  

 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre hoxe, estará aberto durante o prazo dun mes. Máis información no seguinte enlace: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/reencontros-co-xacobeo-ano-2021.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas