GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A liña de axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración sigue a apoiar as iniciativas dos galegos que regresan para poñer en marcha un negocio

(14/07/2021)

Listen to this page using ReadSpeaker
 
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que o departamento autonómico que dirixe mantén aberta a liña de axudas ao emprendemento dos retornados  que permite aos galegos que, coma Álvaro Montes, regresaron a súa terra de orixe, poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 8.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, este retornado galego de Venezuela que reside actualmente en Santiago, conta a súa experiencia no retorno a través da creación dunha empresa de almofadas terapéuticas, www.nunuku.com. O programa de axudas para emprendedores retornados "Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2021" conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á Covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. Os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retornado da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (Iniciativa apoiada pola Unión Europea).

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas