GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración organiza coas Entidades Galegas en España a súa participación no programa “Conecta co Xacobeo”

(11/07/2021)

Emigración organiza coas Entidades Galegas en España a súa participación no programa “Conecta co Xacobeo”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que está destinada a persoas de entre 18 e 64 anos  e que no caso das persoas vinculadas aos centros galegos en España realizarase a mediados de setembro.

 

Os participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela.

 

Emigración organiza coas Entidades Galegas en España a súa participación no programa “Conecta co Xacobeo”

Emigración organiza coas Entidades Galegas en España a súa participación no programa “Conecta co Xacobeo”

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2021.

 

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión telemática coas entidades galegas situadas nas diferentes comunidades autónomas españolas co obxectivo de coordinar a súa participación no novo programa deste departamento autonómico denominado “Conecta co Xacobeo”.

 

Tal e como recordou Miranda, este programa ten coma  obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas a estes centros do exterior e está dirixido a persoas vinculadas ás entidades de entre 18 e 64 anos.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 2 de agosto e se desenvolverá a partir da segunda quincena de setembro. Os participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela.

 

Deste xeito, vólvense a por en marcha os programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo, e limitando a participación ao continente europeo por mor da aplicación do control das medidas sanitarias marcadas pola pandemia da Covid-19.

 

Máis información no seguinte enlace: "Conecta co Xacobeo. Ano 2021".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas