GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A pensión básica alemá para os retornados dese país

(08/07/2021)

A pensión básica alemá para os retornados dese país


Crónicas da Emigración

| 7 de xullo de 2021


Luis Gulin 2
Luís Gulín.


Desde o 1 de xullo algúns emigrantes retornados de Alemaña poderán recibir unha carta da Seguridade Social alemá (Deutsche Rentenversicherung) comunicándolles que teñen dereito á chamada ‘Grundrente’, a pensión básica alemá. Esta nova prestación entroú en vigor o 1 de xaneiro de 2021, á que tamén teñen dereito as persoas residentes en España que perciban unha prestación de xubilación alemá. Pode alcanzar un complemento máximo de 400 euros ao mes a maiores da pensión de xubilación, aínda que por parte dos sindicatos estímase que a media non  vai excedeŕ os 70 euros mensuais. Esta pensión básica ten por obxectivo mellorar a situación das persoas con pensións baixas e garantir que teñan dereito a unha seguridade básica na vellez, principalmente mulleres que traballaron a tempo parcial e en empregos moi mal renumerados.

O colectivo de emigrantes retornados de Alemaña tamén se beneficia desta nova medida, dado que os pagos tamén se efectuarán fóra do país xermano a condición de que as persoas cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser perceptor dunha pensión do estado alemán (xubilación, viuvez, orfandade, incapacidade ou invalidez).

b) Ter mínimo 33 anos cotizados na seguridade social alemá (incluídos anos en tarefas non remuneradas como o coidado de fillos ou a atención a dependentes). Se non se alcanza este mínimo de cotización en Alemaña terase en conta o tempo cotizado en España. Esta información será solicitada polo Deutsche Rentenversicherung de oficio á Seguridade Social española.

Os futuros beneficiados non teñen que facer ningún trámite. A propia Seguridade Social xermana poñerase en contacto coas persoas seleccionadas que terán que enviar unha copia da declaración da renda para calcular o nivel de ingresos.

Inicialmente para os que realizan en España a declaración da renda de forma individual o límite de ingresos para optar a esta nova prestación está establecido en 1.250 euros ao mes, os que fagan declaración conxunta, 1.950 euros. Ter unha pensión española a maiores non é motivo excluínte, terase en conta na valoración como os intereses bancarios que na actualidade son cero por cento. As propiedades urbanas e rústicas non entrarán no cálculo da pensión básica.

Con todo, os emigrantes retornados deben estar preparados para o feito de que só recibirán esta comunicación de ter dereito á Grundrente o máis temperán no primeiro trimestre do ano 2022. A razón do atraso reside principalmente na alta carga administrativa que conleva a comprobación de ingresos. A Seguridade Social alemá asume que os novos pensionistas, os que se xubilaron nos últimos 12 meses, recibirán inicialmente a pensión básica xa a partir do 1 de xullo 2021, e por suposto, con efectos retroactivos desde xaneiro. Para as persoas que xa levan máis anos xubiladas o pago pódese atrasar aos primeiros meses de 2022, pero con dereito a cobrar os atrasos desde o 1 de xaneiro de 2021.

Por tanto, se a unha emigrante galega retornada recoñécenlle en abril de 2022, 70 euros ao mes, vainos cobrar en maio dese ano coas cantidades devindicadas desde o 1 de xaneiro de 2021 por valor de 1120 euros. Agora si, haberá que axustar máis adiante contas con Facenda, diso si que non se librarán.



Luís Gulín Iglesias

Secretario provincial de Emigración e Inmigracón PSOE Ourense.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas