GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos Galegos do Exterior

(07/07/2021)

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos Galegos do Exterior

O convenio entre ambas institucións facilita que os solicitantes de información poidan atopar aos seus familiares ou documentación sobre os mesmos.

 

Dende 2015 xestionáronse 13.812 solicitudes, das cales, 1.636 foron presentadas en 2020, sendo España, Cuba, Arxentina e USA os países de onde chegan máis cuestións.

 

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos Galegos do Exterior

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos Galegos do Exterior

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021.

 

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o Arquivo Diocesano de Santiago de Compostela co que colabora o departamento que dirixe a través dun acordo de colaboración para facilitar información sobre familiares dos galegos do exterior.

 

Na visita, o secretario estivo acompañado do director do arquivo, don Salvador Domato Búa, con quen analizou a importancia da posta en marcha desta cooperación, que facilita a localización dos antepasados de moitos dos galegos residentes fora da comunidade autónoma.

 

“De feito, este convenio ten entre as súas competencias a de procurar que a colectividade de emigrantes galegos e os seus descendentes manteñan e reforcen os seus vínculos con Galicia”, explicou Miranda, prestando así apoio a todos aqueles que buscan familiares ou documentación que identifique a súa orixe, servindo de intermediación entre eles e as fontes onde se gardan os conseguintes arquivos xenealóxicos, como ocorre cos libros sacramentais que teñen o seu orixe no século XVI e onde os párrocos anotaban os bautismos, matrimonios e defuncións, apuntando lugares de nacemento, nomes e orixe de pais e avós, así como o nome e domicilio dos padriños. “Estes libros constitúen unha fonte de información xenealóxica, demográfica e social dun valor incalculable, e temos que dar as gracias a Diocese de Santiago por colaborar con nós para axudar a quen necesita atopar aos seus familiares”, engadiu o secretario xeral da Emigración.

 

O acordo entre o Arquivo Histórico Diocesano da Arquidiocese de Santiago de Compostela permitiu beneficiar a un total de 13.812 galegos do exterior que consultaron algunha cuestión relativa a súa procedencia dende 2015. A maioría das peticións proceden de Europa, nun 67,3%, seguido de Centroamérica cun 13,1% e Sudamérica, con outro 13%. En 2020 presentáronse 1.636 solicitudes de información, procedendo a gran maioría de España, con  1.008 cuestiones, seguido de Cuba, con 214, Arxentina, con 130, USA con 59 e Uruguai con 55.

 

A Secretaría Xeral da Emigración mantén convenios similares co resto de dioceses galegas co obxectivo de facilitar aos galegos do exterior a información que demanden dos seus antepasados, traballando tamén directamente dende o propio departamento trasladando solicitudes aos rexistros civís e concellos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas