GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración convoca os Obradoiros para Entidades Galegas do Exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

(05/07/2021)

Emigración convoca os Obradoiros para Entidades Galegas do Exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega.

 

O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia.

 

Haberá dúas modalidades, presencial e virtual, rematando o prazo de solicitude de iniciativas o próximo 5 de agosto.

 

 Emigración convoca os Obradoiros para Entidades Galegas do Exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

Emigración convoca os Obradoiros para Entidades Galegas do Exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210705/AnuncioG0595-240621-0003_gl.html).

 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volve a ofrecer axudas para a posta en marcha de obradoiros presenciais nas entidades galegas do exterior, aínda que tamén poderanse organizar de xeito telemático, continuando coas medidas de seguridade sanitarias a causa da pandemia da Covid-19.

 

Esta iniciativa, ten como obxectivo a realización de obradoiros de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais), cociña galega e seminarios de cultura galega (tradición e modernidade).

 

En total, a Secretaría Xeral destina 150.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas,  sendo así sufragada a súa realización na súa práctica totalidade pola administración autonómica, de cara a apoiar aos centros tralas complicacións económicas xurdidas nas entidades pola pandemia.

 

Retómase así a modalidade presencial destes obradoiros, desenvolvéndose nas instalacións dos centros con tódalas medidas de seguridade sanitaria, e créase, por primeira vez, a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumno interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades.

 

As entidades poderán solicitar por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor un profesor para que o imparta, sempre que estea incluído nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada.

 

Os centros e asociacións interesadas teñen de prazo ata o próximo 5 de agosto para solicitar estas axudas, e deberán estar inscritas no Rexistro de Galeguidade, aínda que excepcionalmente poderán concederse a outras entidades se xustifican que contan cun grupo folclórico consolidado. Para a realización de obradoiros de cociña ou de seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos axeitados, e ter entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas