GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración abre un novo portal en GaliciaAberta con informacion tributaria para residentes no exterior

(03/07/2021)

Emigración abre un novo portal en GaliciaAberta con informacion tributaria para residentes no exterior

O novo enlace permitirá coñecer ás e aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas ás rendas, aos estados de tributación, ás pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro. 

 

Proximamente ampliarase con información relativa aos países americanos con maior número de residentes galegas e galegos. 

 

Esta nova iniciativa ten carácter meramente informativo.

 

Este espazo ampliarase proximamente con contidos dos países cunha maior presenza galega en América
Este espazo ampliarase proximamente con contidos dos países cunha maior presenza galega en América

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou onte a través das redes sociais o novo portal que este departamento autonómico acaba de poñer en funcionamento hoxe na súa web GaliciaAberta  - https://emigracion.xunta.gal e no que as e os residentes no exterior e retornados poden consultar información tributaria relativa aos seus países de residencia en relación con España.

 

En total, pódese consultar esta información nos 11 países con maior número de residentes de orixe galega en Europa e, posteriormente, ampliarase cos países con maior colectividade galega en América.

 

A Secretaría Xeral da Emigración ofrece, a través deste portal, unha serie de informacións básicas para aclarar, nunha primeira aproximación, as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegas e galegos retornados/as ou de galegas e galegos no exterior.

 

Ademais, tamén, a través das seguintes ligazóns orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

 

Este departamento autonómico actúa cun papel meramente informativo co fin de que as e os galegos  do exterior e as e os retornados  poidan cumprir coas medidas tributarias do país no que residen e tamén coas de España. Para máis información será necesario dirixirse á Axencia Tributaria do Estado e ás e aos seus técnicos competentes.

 

Máis información na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/informacion-tributaria-para-residentes-no-exterior

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas