GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración pon en marcha “Conecta co Xacobeo”, un programa destinado a que 200 persoas, vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago

(01/07/2021)

Emigración pon en marcha “Conecta co Xacobeo”, un programa destinado a que 200 persoas, vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 64 anos propostas polos centros galegos, de xeito que serva como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia.

 

O programa desenvolverase en dúas quendas, unha na segunda quincena de setembro e outra ao remate do primeiro grupo.

 

As e os participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela.

 

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre mañá, remata o próximo 2 de agosto

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre mañá, remata o próximo 2 de agosto

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa do seu novo programa de lecer “Conecta co Xacobeo”. 

 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, reinicia os programas de achegamento a Galicia das galegas e galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo, e limitando a participación ao continente europeo por mor da aplicación do control das medidas sanitarias marcadas pola pandemia da covid-19.

 

Esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez, ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos países europeos. “Deste xeito, non só se fomenta a súa participación no actual Ano Santo, senón tamén se lle da un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses”.

 

En total, ofértanse 200 prazas, podendo participar nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade asentadas e as e os seus membros entre 18 e 64 anos.

 

O programa desenvolverase en dúas quendas, unha na segunda quincena de setembro para persoas procedentes das comunidades autónomas de España e outra unha vez rematada a primeira quenda para persoas procedentes dos demais países de Europa. As e os participantes percorrerán 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Santiago de Compostela. 

 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados das e dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia. 

 

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre mañá, remata o próximo 2 de agosto. Máis información na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/conecta-co-xacobeo-ano-2021.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas