GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia volve ter menos de 2,7 millóns de habitantes tras o espellismo do crecemento prepandemia

(24/06/2021)

Galicia volve ter menos de 2,7 millóns de habitantes tras o espellismo do crecemento prepandemia

 

C. Punzón VIGO

 

CESAR QUIAN

 

A comunidade representa por primeira vez na súa historia menos do 5,7 % da poboación de España

 

La Voz 23 jun 2021 .

 

Galicia é incapaz de manter dous anos seguidos un crecemento no seu volume de poboación. De feito non ocorre desde a década pasada. Pero este ano ademais, a comunidade galega caeu por baixo dos 2,7 millóns de habitantes, regresando así ao escenario poboacional que existía no ano 2002.

 

Galicia fracasa esta vez demográficamente por unha natalidade que se afunde sen freo nin remedio efectivo e unha inmigración insuficiente, a pesar de que pulveriza os datos da emigración. A miraxe que se rexistrou o 1 de xaneiro do 2020, cando a comunidade subiu en algo máis de 2.000 residentes, queda agora en evidencia por mor dun saldo vexetativo altamente negativo, con moitas máis mortes que nacementos. Se durante todo o 2019 Galicia aumentaba polos migrantes o seu censo un 0,07 %, a pesar de ter falecido 15.631 persoas máis que os nenos nados nese tempo, agora os rexistros retroceden en 17.610 residentes, a pesar de que chegaron 12.113 novos veciños máis que os que se marcharon a vivir a outros puntos de España ou o estranxeiro.

 

 

O peso de Galicia no conxunto de España sitúase por primeira vez en toda a súa historia por baixo do 5,7 %, un punto menos xa que a comezos de século, ou moi lonxe do 11,49 que supuña no ano 1857.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas