GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 57.906 novos cotizantes estranxeiros en maio

(22/06/2021)

A Seguridade Social rexistra 57.906 novos cotizantes estranxeiros en maio

 

As cifras melloran un 2,74% con respecto a abril e a afiliación estranxeira xa encadea catro meses á alza


Sara Cordeiro Martes, 22 de xuño de 2021
Oficina do SEPE. Europa Press


A Seguridade Social rexistrou 57.906 novos afiliados estranxeiros en maio, un 2,74% máis con respecto aos datos de abril, no seu cuarto mes á alza. Así, pecha o último mes nos 2.169.326 traballadores inmigrantes inscritos no sistema, segundo os datos desvelados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Gráfico afiliación extranjera Seguridad Social. Porcentual


O repunte dos cotizantes estranxeiros no mes de maio xa é o cuarto consecutivo tras os aumentos de cotización en febreiro, marzo e abril, con 9.300, 18.262 e 39.161 altas de inmigrantes respectivamente. Segundo os últimos datos dispoñibles, a ocupación estranxeira xa representa de media o 11,26% do total de cotizantes.

Do total de novos afiliados en maio, 1.386.793 procedían de países de fóra da Unión Europea, un 63,93%, mentres que o resto, 782.533, procedían de países comunitarios, un 36,07% do total. Por orixe, os grupos de cotizantes estranxeiros máis numerosos son os procedentes de Romanía (339.884), Marrocos (281.773), Italia (129.536) e China (101.073).

A afiliación mellora no sector primario e a hostalería

 

Por comunidades, todas elas melloran os niveis de afiliación estranxeira, con Aragón (10,68%), A Rioxa (9,72%), Illas Baleares (9,62%) e Estremadura (7,70%) á cabeza. Como vén sendo habitual, a maioría da afiliación estranxeira rexístrase no Réxime Xeral, con 1.786.487 traballadores, seguida dos autónomos (378.165 afiliados), o Réxime Especial do Mar (4.645) e o do Carbón, con só 29 afiliados estranxeiros.

Todos os sectores rexistran unha mellora da afiliación estranxeira, especialmente no caso da Agricultura, Gandería, Caza, Silvicultura e Pesca (7,92%) e a hostalería (7,16%).

Doutra banda, en taxa interanual, a afiliación media de estranxeiros mellorou en maio un 7,93%, en 159.442 novos cotizantes fronte ao mesmo mes do ano pasado. Con todo, en termos desestacionalizados, a afiliación cae en 2.096 cotizantes estranxeiros menos en taxa mensual, ata os 2.099.570 traballadores estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas