GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta colabora na atención da poboación refuxiada na República Democrática do Congo

(18/06/2021)

A Xunta colabora na atención da poboación refuxiada na República Democrática do Congo


Crónicas da Emigración

Redacción, Santiago | 17 de xuño de 2021


A Xunta acaba de activar o convenio coa ONGD Farmamundi para levar a cabo unha intervención de emerxencia coa que atender as necesidades máis inmediatas da poboación desprazada da provincia de Kivu Norte, ao leste da República Democrática do Congo. En concreto, na cidade de Sake, nas proximidades da cidade de Goma, capital da provincia onde o pasado maio entrou en erupción o volcán Nyirangondo. A actuación permitirá atender ás persoas refuxiadas e vulnerables de Sake e ter garantida as necesidades de auga, saneamento e hixiene.

A intervención levouse a cabo con Farmamundi e o seu socio local na rexión Programme de Promotion de Soins de Santé Primaire (PPSSP) e prevé chegar a 2.400 persoas. Ante os desafíos aos que se enfronta a poboación afectada pola erupción do volcán, que se suma á situación de violencia e inseguridade na provincia de Kivu Norte polo avance dos grupos armados, a organización Farmamundi pediu a colaboración da Xunta. O Goberno galego investirá 8.000 euros na mellora das condicións de saúde e hixiene favorecendo o seu acceso ao almacenamento de auga, así como na adquisición de elementos de protección e prevención fronte ao Covid-19.

Farmamundi é unha organización de cooperación ao desenvolvemento, acción humanitaria e emerxencia especializada na subministración e axuda farmacéutico a organizacións humanitarias e países en desenvolvemento coa que Galicia colabora desde o ano 2009, primeiro a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia e, agora, a través da Vicepresidencia Primeira. A achega que Farmamundi distribuirá na República Democrática do Congo, coa axuda do seu socio local, vaise executar ao amparo do último convenio, asinado este ano por 50.000 euros.

Os 12 convenios asinados desde 2009 permitiron destinar desde Galicia case 700.000 euros ás intervencións humanitarias de carácter internacional que desenvolve Farmamundi.

O obxecto destes convenios é o de realizar as actuacións que ambas as partes acorden, para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfases en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas