GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda destaca en Mondoñedo que a emigración foi a modernidade para Galicia no século XX e o retorno será o soporte da competitividade no globalizado XXI

(14/06/2021)

Miranda destaca en Mondoñedo que a emigración foi a modernidade para Galicia no século XX e o retorno será o soporte da competitividade no globalizado XXI

 
 

O secretario xeral da Emigración participou no descubrimento dunha placa conmemorativa en homenaxe á emigración desta localidade, así como levou a cabo a moderación dun coloquio en lembranza ás e aos galegos do exterior en América.

 

Imaxe das XIV Xornadas do Peregrino 'Abrindo Camiño' celebradas hoxe en Mondoñedo

Imaxe das XIV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño" celebradas hoxe en Mondoñedo

 

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ás XIV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño" celebradas no concello de Mondoñedo baixo o lema "Mondoñedo na Lembranza", onde fixo referencia á emigración do século XX e ao fenómeno do retorno a Galicia que se está a vivir na actualidade.

 

O secretario xeral participou no descubrimento dunha placa conmemorativa en homenaxe á Emigración no “Parque da Lembranza” xunto a adxunta á valedora do Pobo, María Xosé Porteiro García, e a tenente alcalde do concello, Elena Candia. Tamén se levou a cabo neste lugar a plantación simbólica dunha palmeira.

 

Antonio Rodríguez Miranda destacou neste acto que “sen o esforzo dos galegos que, no exterior, traballaron en pro da colectividade, moitos dos que fixeron o camiño de ida non tiveran atopado alá outra familia, sentíndose como na casa e mantendo os seus costumes, as súas raíces e a súa lingua e dende alí construíron tamén Galicia. Sen todos eles, moitos dos seus descendentes non poderían estar optando agora por facer o camiño de retorno, un camiño que nós sabemos que non é doado, pero que lles permite elixir a terra dos seus pais e dos seus avós, aportándonos as súas experiencias e coñecementos para facer de Galicia un lugar mellor”. 

 

Posteriormente, as e os asistentes achegáronse ata o Cemiterio vello onde tivo lugar unha ofrenda floral aos ilustres devanceiros de Mondoñedo: o poeta Manuel Leiras Pulpeiro, o músico Pascual Veiga e ao escritor Álvaro Cunqueiro.

 

Para conmemorar a festa da árbore, a máis antiga de España, acaecida neste municipio en 1569, plantouse un teixo.

 

O secretario xeral tamén actuou como moderador na charla-coloquio Lembranza da emigración en América, na que se fixo un recoñecemento a varias e varios persoeiros da emigración como a profesora Andrea López Chao, emigrada a Cuba, e o empresario Francisco García Olano, quen foi presidente do Centro Galego de Bos Aires. Nesta intervención asegurou que “a emigración foi a modernidade para Galicia no século XX e o retorno será o soporte da competitividade no globalizado XXI”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas