GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta reforza a oferta de FP nos réximes ordinario e de persoas adultas con 47 ciclos e 1.364 prazas novas ao abeiro da creación de tres novos centros integrados

(10/06/2021)

A Xunta reforza a oferta de FP nos réximes ordinario e de persoas adultas con 47 ciclos e 1.364 prazas novas ao abeiro da creación de tres novos centros integrados

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a relación de ciclos onde se poderá solicitar praza a partir do 25 de xuño.

 

Os novos CIFP, en Culleredo, Ferrol e Pontedeume, suman sete novos ciclos e 262 prazas, reforzando a especialización da súa oferta.

 

Tres ciclos poderán cursarse por primeira vez en Galicia: o básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas, o medio en Guía no medio natural e de tempo libre e o superior en Organización e control de obras de construción.

 

Pártese dun proceso de diálogo coa comunidade educativa na que se analizou a demanda do alumnado, a inserción laboral e as necesidades do tecido produtivo.

 

A oferta de Dual e os másteres de FP publicaranse nas próximas semanas.

 

A estas prazas de Formación Profesional tamén poden optar as e os emigrantes retornados

 

A estas prazas de Formación Profesional tamén poden optar as e os emigrantes retornados

A estas prazas de Formación Profesional tamén poden optar as e os emigrantes retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021.

 

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a oferta de ciclos de Formación Profesional nos réximes ordinario e modular para persoas adultas –presencial e a distancia– para o curso 2021/2022, que inclúe 47 ciclos e 1.364 prazas novas nas catro provincias o que, en balance respecto da oferta do ano pasado e tendo en conta todas as modificacións que se producen, supón un incremento de recolle un incremento de 1.052 prazas nos centros públicos nestes réximes e modalidades.

 

Este incremento é posible ao abeiro da creación de tres novos centros integrados –CIFP Universidade Laboral, de Culleredo, CIFP Leixa, en Ferrol, e CIFP Fraga do Eume, en Pontedeume– e do reforzo das prazas a distancia para facilitar que as persoas traballadoras melloren a súa cualificación profesional.

 

De feito, os tres novos CIFP concentran un incremento de sete novos ciclos e 262 prazas, reforzando a especialización da súa oferta, e na FP a distancia o incremento é de 12 ciclos e 600 prazas. A oferta de ciclos na modalidade de Dual e dos novos másteres de FP publicarase nas próximas semanas.

 

Ademais, tres ciclos poderán cursarse por primeira vez en Galicia: o básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas, o medio en Guía no medio natural e de tempo libre e o superior en Organización e control de obras de construcción

 

Deste xeito, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade oferta nos réximes ordinario e modular para persoas adultas nos centros públicos 29.950 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1.163 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.912 forman parte do réxime ordinario 8.402 en grao medio, 9.370 en grao superior, 3.600 en FP Básica e 540 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa–, mentres que outras 4.388 son do réxime modular para persoas adultas 2.156 grao medio e 2.232 en grao superior–, e 3.650 do réxime modular a distancia 1.150 en grao medio e 2.500 en grao superior–.

 

A modificación da oferta nace dun proceso de diálogo coa comunidade educativa, no que as peticións foron analizadas pola Inspección educativa dos centros, tendo en conta a oferta global de Galicia en cada ciclo, a demanda do alumnado, a inserción de cada ciclo e as necesidades do tecido produtivo.

 

Nova implantación

 

No referido aos tres ciclos de nova implantación, o de grao básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas será este curso de oferta exclusiva no novo CIFP Universidade Laboral de Culleredo. Deste xeito, e xunto coa oferta do novo ciclo en Guía no medio natural e de tempo libre, contribúese a reforzar a especialización deste centro na familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, da que imparte case a totalidade dos ciclos implantados en Galicia.

 

As persoas que obteñan este título, da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, poderán traballar como acompañantes de usuarias e usuarios, auxiliares de control, servizos xerais ou mantemento en instalacións deportivas, clasificadores ou repartidoras e repartidores de correspondencia conserxes de colexios ou instalacións deportivas, persoal subalterno, ordenanzas ou taquilleiras e taquilleiros, entre outros labores.

 

No caso de grao medio de Guía no medio natural e de tempo libre, as persoas que obteñan este título –tamén da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas –poderán traballar deseñando itinerarios ecuestres e de bicicleta, organizando actividades físico-deportivas recreativas guiadas no medio natural ou como encargadas de prevención e seguridade en rutas e eventos en bicicleta e ecuestres. Así mesmo, poderán exercer como guías en actividades de sendeirismo, barranquismo e espeleoloxía de baixa dificultade, cicloturismo, bicicleta de montaña, itinerarios a cabalo ou en embarcacións de recreo; así como monitor ou monitora de campamentos, instalacións de ocio e aventura e de actividades escolares e socorrista. Este ciclo poderá cursarse nos institutos de Porto do Son, de Sabón (Arteixo), de Poio, Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda), Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar) e no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

 

Pola súa banda, o ciclo de grao superior en Organización e control de obras de construción será de oferta exclusiva no CIFP Someso (A Coruña), no réxime modular para persoas adultas a distancia. Deste xeito, contribúese a reforzar a especialización deste centro na familia profesional de Edificación e Obra Civil, da que imparte case a totalidade dos ciclos implantados en Galicia.

 

O alumnado que obteña este título poderán traballar como encargadas ou encargados e xefes de equipo en obras estruturais da construción, de obra de edificación en xeral ou de obras de rehabilitación e reforma en edificación, ou como xefas e xefes ou encargados e encargadas de traballadores e traballadoras de acabado de edificios. Así mesmo, poderán exercer como capataces na construción de edificios, encargadas e encargados de obra civil, movemento de terras, de firmes e pavimentos ou de conducións e canalizacións; como especialistas en replanteos, técnicos de control documental ou axudantes de xefe de Oficina Técnica, de planificadiras e planificadores ou de técnicos de control de custos.

 

Modificacións

 

Ademais destas titulacións de nova implantación, como é habitual a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para as e os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual.

 

En calquera caso, no balance do réxime ordinario, a oferta de FP Básica gaña cinco ciclos e 90 prazas e a de grao superior gaña nove ciclos e 262 prazas. Pola contra, en grao medio diminúe en tres o número de ciclos e en 84 o número de prazas, polos axustes derivados da demanda do alumnado. No caso do réxime modular para persoas adultas, en grao medio a oferta gaña dous ciclos e 72 prazas e en grao superior 18 ciclos e 712 prazas.

 

Calendario de admisión

 

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas –presencial e a distancia– comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 h. A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 20 de xullo ás 9 h., ata o 26 de xullo ás 13 h. A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 28 de xullo ás 9 h. ao 30 de xullo ás 13 h.

 

Canto á FP Dual, a presentación de solicitudes será entre o 25 de xuño ás 9 h. e o 2 de xullo ás 13 h. O período de selección por parte da empresa colaboradora e do centro educativo irá do 8 ao 14 de xullo, e as persoas finalmente seleccionadas poderán matricularse do 16 de xullo ás 9 h. ao 23 de xullo ás 13 h.

 

No caso dos másteres de FP, o prazo de presentación de solicitudes irá do 25 de xuño ás 9 h. ao 5 de xullo ás 13 h., e o de matriculación do 20 de xullo ás 9 h. ao 26 de xullo ás 13 h. O calendario detallado pode consultarse no Portal de FP.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas