GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pedro Sánchez reunirase coa colectividade española en Arxentina o 9 de xuño na Embaixada en Buenos Aires

(09/06/2021)

Pedro Sánchez reunirase coa colectividade española en Arxentina o 9 de xuño na Embaixada en Buenos Aires

 

Previamente participará nunha homenaxe aos españois desparecidos no país durante a ditadura


España Exterior

Redacción Buenos Aires 08 de xuño de 2021


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, manterá un encontro cunha representación da colectividade española en Arxentina na Embaixada de España en Buenos Aires o mércores 9 de xuño a partir das cinco da tarde (hora local de Buenos Aires, 22.00 horas hora local de España).

Previamente, participará nunha homenaxe aos españois desaparecidos durante a ditadura en Arxentina que terá lugar nos xardíns da mesma Embaixada. Antes de chegar á Embaixada, Sánchez visitará a Escola de Mecánica da Armada (ESMA), hoxe Museo Sitio da Memoria.

A visita do titular do Executivo español comezará á 10.30 hora local cun encontro co presidente arxentino, Alberto Fernández, na Casa Rosada. Logo, ambos os mandatarios trasladaranse ao Museo Histórico, na mesma Casa Rosada, onde terá lugar o Foro Empresarial Arxentina-España e no que pronunciarán as palabras de clausura.

Posteriormente reuniranse os dous presidentes e logo asinaranse diversos acordos de cooperación entre ambos os países.

Antes de finalizar a xornada, Pedro Sánchez partirá rumbo a Costa Rica onde permanecerá ata o día 11 de xuño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas