GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Círculo Social de Val Miñor en Buenos Aires celebrou o seu 90º aniversario cun banquete con preto de 250 invitados

(14/05/2018)

O Círculo Social de Val Miñor en Buenos Aires celebrou o seu 90º aniversario cun banquete con preto de 250 invitados


Mariana Ruiz, Buenos Aires | 12 Maio 2018 - Crónicas da Emigración

 

Directivos de la asociación miñorana de Buenos Aires posan junto al consejero de Empleo, José Mira, frente al cruceiro, en el patio de la entidad. 

Directivos da asociación miñorana de Buenos Aires pousan xunto ao conselleiro de Emprego, José Mira, fronte ao cruceiro, no patio da entidade.




O Círculo Social de Val Miñor de Galicia en Buenos Aires celebrou o seu 90º aniversario cun banquete que reuniu na súa sede social porteña a preto de 250 invitados. O venres anterior, recibiran a visita do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado do Goberno autonómico galego en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro.

Ademais, para compartir os festexos xunto aos miñoranos de Buenos Aires, viaxou desde Uruguai unha comitiva encabezada polo presidente da asociación, José Carlos Barcia; o vicepresidente, Juan Valverde; e os xogadores de Birlos Anxo Paz, Carlos Arnejo e Luís Sequeira.

Os festexos comezaron o domingo 6 pola mañá, co Torneo de Birlos Celta 90º Aniversario, no que competiron os equipos miñoranos de Buenos Aires e Montevideo. Tras unha competencia equilibrada, o terceto de Val Miñor de Buenos Aires, integrado por Lucas Ferreiro, Martín e Rodrigo Navós Fernández (terceira xeración de xogadores de Birlos), quedou coa copa.

Seguidamente, ás 11 da mañá, na Parroquia San Francisco Solano, oficiouse unha misa en memoria dos socios falecidos, e na que participaron músicos e bailaríns da asociación vestidos cos seus traxes tradicionais.

Ao mediodía, dando inicio ao banquete, o presidente do Círculo, Alberto Lloret González, deulle a benvida ás autoridades presentes e aos preto de 250 invitados que celebraron o nonaxésimo aniversario da institución.

O dirixente agradeceu, en particular, a presenza do conselleiro de Emprego da Embaixada de España, José Luis Miras Lema, e a súa esposa, quen visitaba a asociación por primeira vez.

Logo de facer un breve repaso da historia do Val, con emocionadas palabras, lembrou aos moitos miñoranos que lles precederon e a tantos outros, dixo, que sen selo continuaron a obra.

Ademais do conselleiro laboral, estiveron presentes a presidenta do Consello de Residentes Españois de Buenos Aires, Maite Michelón; o vicepresidente da Federación de Sociedades Españolas, Ernesto Ordóñez; o secretario da Unión de Asociacións Galegas, José Manuel Mouriño; e o presidente e vicepresidente de Val Miñor de Montevideo, José Carlos Barcia e Juan Valverde, respectivamente.

Ademais estiveron o delegado do Goberno galego en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro; os expresidentes do Círculo María del Carmen Vidal e Manuel Gonda; a conselleira do CGCEE Susana Carbia; a presidenta do Centro Arzuán Melidense, Adriana Garea; a presidenta de Residentes de Vigo, María del Carmen Araujo; a presidenta do Centro Galego de Avellaneda, Marta Aveza; e o presidente da Sociedade Parroquial de Vedra, Orlando Pegito; o presidente de Corcubión, Carlos Ameijeira; o presidente do Círculo de Aragón, Fernando Hermida; o tesoureiro de Residentes de Mos, Albino Cambeiro; e o presidente de Carbia, Germán Sesto, así como representantes das asociacións de Fillos de Porto do Son; do Centro Lalín, Silleda e A Golada, Pío Crespo, de Fillos de Zas e Antonio Vilariño.

A celebración continuou coa actuación dos grupos folclóricos galegos da entidade, dirixidos por Eugenia Seijó e Héctor Durán.

Ao seu termo, entregáronse os premios dos torneos disputados ao longo do mes de abril: Lucía e Marisol Folgueira Vidal foron as campioas do torneo de Burako; o primeiro premio do torneo de Truco foi para Anxo Sabio e Roberto Navós; e, por último, a copa do Torneo Individual de Birlos foi para Juan Manuel Cadenas.

Seguidamente, Beba Milagros e Eugenia Seijo ofreceron un espectáculo español de poesía, baile e cancións.

Así mesmo, ao longo da tarde, a asociación participou na colecta impulsada polo Centro Arzuán Mellidense en solidariedade cun dos seus mozos integrantes, Sebastián, que padece esclerose múltiple. Grazas á xenerosidade de todos os que sumaron, puideron doarlle, a través da presidenta da entidade, Adriana Garea, o total do recadado: unha suma que superou os $10.000.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2018
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas