GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta referenda o seu compromiso co emprendemento feminino por medio do programa Emega, integrante da Estratexia Galicia Retorna

(04/06/2021)

A Xunta referenda o seu compromiso co emprendemento feminino por medio do programa Emega, integrante da Estratexia Galicia Retorna

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou as dependencias de Tenzas, empresa promovida por mulleres beneficiarias do programa Emega.

 

A Xunta ampliará ata os 3 millóns de euros a dotación do programa na súa nova convocatoria para apoiar o emprendemento feminino e crear máis postos de emprego para mulleres.

 

Grazas aos apoios do Emega en 2020 creáronse ou mantivéronse un cento de postos de traballo na provincia de Lugo.

 

López Abella resaltou que a Xunta potenciará este ano a inciativa das empresarias con accións complementarias á conciliación, tan relevantes neste eido.

 

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Lugo, 4 de xuño de 2021.

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, referendou en Lugo o compromiso da Xunta coa iniciativa empresarial feminina a través do programa Emega de emprendemento dirixido a mulleres, que este ano contará cun orzamento histórico de 3 millóns de euros, e que forma parte da Estratexia Galicia Retorna.

 

López Abella aproveitou á visita a Tenzas, unha empresa de enxeñaría e asesoramento legal de Lugo, beneficiaria do programa, para amosar o propósito da Xunta de dar acubillo neste 2021 a máis iniciativas promovidas por mulleres e de contribuír con estes apoios a xerar máis postos de traballo feminino.

 

Emega xa rexistrara en 2020 un crecemento exponencial polo seu orzamento, 2,1 millóns de euros -o máximo acadado ata o momento polo programa- como polos proxectos empresariais liderados por mulleres e o emprego xerado. O ano pasado, un total de 197 iniciativas recibiron apoios do Goberno galego, o que permitiu xerar 323 postos de traballo ocupados por mulleres. Delas, 25 empresas están radicadas na provincia de Lugo, o que permitiu manter ou crear medio cento de postos de traballo ocupados por mulleres.

 

A secretaria xeral da Igualdade lembrou que estas iniciativas desenvolvidas en Lugo foron posibles grazas á inxección de 264.000 euros do Goberno galego.

 

Emega é un dos programas que a Consellería de Emprego e Igualdade quere potenciar neste ano e que resultará fundamental, resaltou López Abella, para paliar os efectos da pandemia e preparar a Galicia cara á reactivación económica. Para acadalo impulsa a actividade empresarial feminina, con accións complementarias que favorecen a conciliación, esenciais para o éxito laboral das mulleres.

 

Así, o programa de emprendemento está estruturado en catro liñas de actuación: Emprende, para a posta en marcha de novas empresas; Innova, para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres; Activa, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; e ITEF, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica. No caso da provincia de Lugo, un total de 14 empresas recibiron en 2020 os apoios da liña Emprende e 11 da Activa.

 

A Xunta conta a maiores con dúas modalidades de axudas complementarias como Concilia, de apoio á conciliación da vida laboral, persoal e familiar, da que se beneficiaron 7 mulleres emprendedoras lucenses o ano pasado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas