GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda organiza coas delegacións de Arxentina e Uruguai e as oficinas colaboradoras de Venezuela e Cuba a xestión do novo programa de axudas extraordinarias

(01/06/2021)

Miranda organiza coas delegacións de Arxentina e Uruguai e as oficinas colaboradoras de Venezuela e Cuba a xestión do novo programa de axudas extraordinarias

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado do delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como do subdirector xeral da Emigración, Antonio Casas e da xefa do Servizo de Programas Socio-asistenciais, María Diz.

 

O obxectivo é axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social dada a situación xerada pola pandemia.

 

A Xunta de Galicia destinará este ano a esta liña de axudas 500.000 euros.

 

Imaxe da xornada informativa desta mañá

Imaxe da xornada informativa desta mañá

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejando López Dobarro participou esta mañá nunha xornada informativa sobre a nova orde de axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente e, en especial, as derivadas da covid-19.

 

Nesta xornada estivo tamén presente o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, e a xefa do Servizo de Programas Socio-asistenciais, María Díz. Tamén asistiu o persoal da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, da Hermandad Gallega de Valencia, da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, do Centro Gallego de Maracaibo, e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, así como o persoal das delegacións da Xunta de Arxentina e Uruguai.

 

O obxectivo da reunión é conseguir a máxima efectividade na axuda, difusión e tramitación deste programa entre as galegas e galegos residentes en Arxentina, Uruguai, Venezuela e Cuba. A nova orde ten como obxectivo apoiar economicamente a quen carece dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais.  

 

Estas axudas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 19 de maio, e a Secretaría Xeral da Emigración destina 500.000 euros a este fin, aumentando así a contía do ano pasado debido a situación da pandemia actual.

 

Estas axudas destínanse a persoas emigrantes galegas e aos seus fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, se atopen en situacións de emerxencia social, incluídas as derivadas da situación de pandemia xerada pola covid-19. O pasado ano, esta convocatoria xa se viu incrementada ata os 200.000 euros debido aos problemas que comezaron a xurdir polo avance do virus nos distintos países.

 

Estes apoios económicos consisten en axudas de ata 3.000€ por persoa beneficiaria.

 

A covid-19 converteuse nunha pandemia global e as súas consecuencias sociais e económicas redundan no agravamento de situacións persoais que, nalgúns casos, levaron ao límite de exclusión social a familias galegas que viven en terceiros países, especialmente, en América, onde estes problemas veñen a sumarse ás propias dificultades das situacións económicas e sociais que se están a vivir neses lugares. 

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas é ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

O prazo destas axudas estará aberto ata o 15 de novembro e para máis información, as e os interesados poden coñecer a nova liña a través do seguinte enlace: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/axudas-emerxencia-social-ano-2021

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas