(01/06/2021)
La Voz 01/06/2021
Pau para máis de 10.000 galegos retornados de Alemaña que cobran unha pensión xermana polos seus anos de traballo alí. O Tribunal Federal de Finanzas do país desestimou a demanda por dobre imposición presentada contra a decisión de aplicar unha retención do 5 % sobre as prestacións por xubilación, que antes dese ano estaban exentas no imposto da renda.
Isto implica que a pensión que reciben de Alemaña seguirá suxeita a ese desconto do 5 %, que logo poderán deducir, iso si, na súa declaración da renda española. Así seguirá polo menos ata o 2030, cando a porcentaxe de retención incrementarase ao 10 %, tal e como explica o secretario provincial de Emigración do PSOE de Ourense, Luis Gulín.
Entende o tribunal que non se produce unha dobre imposición (con cotizacións sociais durante a vida laboral do traballador e cunha retención logo unha vez que percibe a pensión) posto que as cotas de afiliación son deducibles do imposto da renda cando se abonan.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas