GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Veciños e hostalería de Cee envórcanse en axudar con comida a refuxiados saharauís

(31/05/2021)

Veciños e hostalería de Cee envórcanse en axudar con comida a refuxiados saharauís

Unha familia do programa Vacacións en Paz recolle alimentos non perecedoiros ante a imposibilidade de acoller a nenos

 

 

 


carballo / a voz 31/05/2021

 

 

A Costa da Morte ten unha longa tradición de acollemento a nenos de familias saharauís, refuxiados nos campamentos de Alxeria. Durante anos chegaron en gran número a concellos como Vimianzo, Cee, Camariñas, Cerceda ou Carballo, entre outros. Xa non é así, entre outros motivos porque o covid impediuno, pero tamén porque as cousas cambiaron bastante na entidade que xestionaba o programa de Vacacións en Paz. Con todo, quedan familias con vínculos e compromiso moi sólido cos refuxiados, e unha delas é a de Jenny Allo, de Cee: máis de tres lustros axudando a eses nenos, e con outras persoas que tamén cooperan.

E como non pode haber acollemento, decidiu recoller alimentos non perecedoiros para ser enviados aos campamentos, que viaxarán primeiro a Ponteareas, onde se centralizan os envíos de Galicia, despois a Alacante, e de aí cara a Marrocos e o Sahara. Esa comida foi doada por establecementos de hostalería de Cee, unha ducia, ou por veciños que fixeron o seu donativo, xa fose a través do punto de reunión, no Centro Social, xa nos colexios que facilitaron un espazo para deixalos: Eugenio López, Manuela Rial Mouzo e Agra de Raíces. E tamén un de Fisterra, o Nosa Señora do Carme.

 

 

 

Os hostaleiros de Cee (e dous de Fisterra) estiveron a recibir donativos durante toda a semana e reuniron uns 500 euros en efectivo, que investiron en comida nun supermercado da localidade. A caravana de alimentos xa estaba prevista para marzo, pero dadas as circunstancias non puido ser. A próxima está pensada para xuño ou xullo. O prazo para recibir os alimentos terminaba precisamente hoxe, día 31, pero como a demanda de colaboración foi moi alta, finalmente amplíase ata o venres, día 4.

 

Para máis información ou contactos e entregas máis aló dos puntos habilitados nos centros educativos e no social, Allo abriu unha conta en Instagram (\porunsaharalibr3) na que se ofrecen outras vías de localización. En xeral, a axuda recibida na zona foi moi boa, pero tamén houbo quen declinou participar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas