GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A acollida en Xinzo do seminario da USC motiva un cambio de ubicación

(28/05/2021)

A acollida en Xinzo do seminario da USC motiva un cambio de ubicación

 

Mañá venres dará comezo o seminario promovido pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Xinzo de Limia que levará por título “Competencia intercultural, empregabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes”. 

 

Tal e como destacaron dende o Concello de Xinzo, do mesmo xeito que nas xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia” dirixidas a maiores de 50 anos, esta última proposta, que se desenvolverá dende mañá e ata o vindeiro día 31 de maio, contou con moi boa acollida por parte dos veciños, feito que motivou o seu cambio de ubicación do Salón de Plenos á Casa da Cultura de Xinzo. Neste senso xa hai máis de 20 inscritos  e as persoas interesadas aínda teñen tempo de anotarse na área de Educación, Inmigración e Minorías do Concello ou chamando ao teléfono 988 550 528.

 

O curso terá unha duración total de 20 horas e os participantes terán que asistir, como mínimo, ao 80 por cento das mesmas para conseguir o certificado pertinente. 

 

A formación comezará ás 16,00 horas e contará coa presenza dos expertos Alexandre Sotelino Losada, Ana Vázquez Rodríguez e Xosé Losada Enríquez e continuará o sábado con nocións sobre a competencia intercultural e para a construción dunha traxectoria profesional no marco migratorio.  O curso rematará o vindeiro luns cunha sesión telemática.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas