GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Madrid vota en contra da acollida a 200 menores migrantes acordada polas comunidades

(26/05/2021)

Madrid vota en contra da acollida a 200 menores migrantes acordada polas comunidades

Valencia, a comunidade gobernada por Ayuso e Galicia son as que acollerán a máis

 

Ione Belarra, ministra de Derechos Sociales y Agenda 2030

Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030

 


La Voz 26/05/2021

 

 

A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, celebrou onte o acordo alcanzado coas comunidades autónomas para a distribución de 200 menores migrantes non acompañados de Ceuta, tras a crise migratoria dos últimos días, e precisou que «a gran maioría das comunidades estiveron á altura», aínda que non quixo sinalar, por «discreción», ás que se opuxeron á repartición, como Madrid. O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 achegará 500.000 euros á cidade autónoma de Ceuta e 4,5 millóns ás comunidades autónomas para o traslado e acompañamento socioeducativo deses 200 menores migrantes.

 

Tras a reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais, o conselleiro de Sanidade e Políticas Sociais madrileño en funcións, Enrique Ruiz Escudero , admitiu que votou en contra do acordo e insistiu na desconformidade da Comunidade de Madrid cos criterios utilizados para a repartición de 200 menores. «Proponse unha repartición proporcional en función dos menores acollidos, mentres que no 2020 a Comunidade de Madrid atendeu a 823 menores estranxeiros non acompañados e non recibiu ningún tipo de fondos do Estado», incidiu.

 

Os menores que serán acollidos xa estaban en centros de protección en Ceuta. Belarra precisou que o acordo permitirá ter espazo suficiente para atender «dignamente» aos que chegaron durante a última semana á cidade e que manifestaron a súa vontade de quedar. O ministerio calcula que son outros 200. 

 

Galicia acolle a 20

 

Valencia con 25 e Madrid e Galicia con 20 cada unha serán as comunidades que maior número de menores acollerán. Séguenlle Castela e León, con 18; Cataluña, con 15; Castela-A Mancha, con 14; Andalucía, con 13; Asturias, Baleares e Estremadura, con 11 cada unha; Aragón, con 9; País Vasco, con 8; Cantabria e Murcia, con 7 cada unha; Navarra, con 6, e A Rioxa, con 5. A conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, asegurou onte que o Goberno galego traballa xa en como integrar aos 20 menores que chegarán a Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas