GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo: un concello con moito diñeiro e bastante emigración

(24/05/2021)

 

Carballo: un concello con moito diñeiro e bastante emigración

 

O ECUADOR DO MANDATO | As cifras que definen ao municipio, con alto potencial turístico: habitantes, investimento en obra, millóns no banco... Doutro lado, unha fronte marítima a piques de cambiar

 

 

 


carballo / a voz 23/05/2021

 

 

Carballo é moitas cousas, e entre elas un conglomerado de cifras que serven para radiografiar unha realidade diversa. Na Costa da Morte é dos que mellor se comportan ante o bajón demográfico, pero en Galicia caeu dous postos ante o empuxe metropolitano de Ames e Arteixo, que xa o superan: ocupa agora o posto 13 nos municipios máis poboados cos 31.429 habitantes (que xa son máis, aínda non de xeito oficial, e de feito a capital municipal é a parroquia máis poboada das case 3.800 de Galicia).

 

O auxe do polígono e da futura ampliación debería levantar esta posición. Carballo é un dos concellos que máis obra licitan de Galicia, por amais de cidades ou municipios que o superan de longo en poboación, co evidente impacto nas súas empresas e empregos. O municipio ten case 2.400 desempregados, segundo as cifras mensuais da Consellería de Economía, e pouco máis de seis mil emigrantes de tres xeracións acumuladas.

 

Once millóns de euros no banco e seis para gastar, en marcha desde hai semanas, un dos remanentes máis importantes da Coruña. Un orzamento de 26 millóns para este ano que acabará superando os 30. O municipio posúe un potencial turístico dos mellores da provincia, e unha das principais capacidades hostaleiras da zona. En mobilidade, apostou no seu momento por opcións arriscadas (e protestadas) que ao final as está implantando incluso a DXT.

 

A fronte marítima, a piques de cambiar

 

Un dos elementos identitarios do municipio de Carballo é a fachada litoral de Razo e Baldaio. Cambiará radicalmente nos próximos anos, cun proceso de plans especiais en marcha: coches fose do bordo marítimo, máis zonas verdes, aparcadoiros afastados do mar, rúas reservadas a residentes... Unha revolución aínda sobre o plano que chamará a atención cando sexa unha realidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas