GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Remata hoxe o prazo de solicitude das axudas para a contratación nos concellos de 1.100 desempregadas e desempregados para a prevención de incendios e vixilancia nas praias, programa que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

(20/05/2021)

Remata hoxe o prazo de solicitude das axudas para a contratación nos concellos de 1.100 desempregadas e desempregados para a prevención de incendios e vixilancia nas praias, programa que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

A Consellería de Emprego e Igualdade apoia con 8,5M€ á Administración local co programa Aprol Rural e o destinado á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. 

 

Trátase de dúas iniciativas para facer fronte aos efectos que a covid-19 está xerando no mercado de traballo.

 

O programa Aprol Rural é unha das preto de 60 medidas que conforman a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Aprol Rural é unha das preto de 60 medidas que conforman a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021.

 

O prazo para solicitar as axudas do programa Aprol Rural e do destinado á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social remata hoxe. Trátase de dúas iniciativas da Consellería de Emprego e Igualdade coas que se está a impulsar o emprego local para facer fronte aos efectos que a covid-19 está xerando no mercado de traballo. As dúas actuacións suman un investimento de 8,5 millóns de euros para a contratación de 1.100 persoas sen emprego nos concellos galegos. Un destes dous programas é o programa Aprol Rural, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna.

 

Aprol Rural conta, dunha banda, cun orzamento de 7M€ para a contratación de 600 persoas desempregadas en 290 municipios rurais galegos para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

 

O Goberno autonómico, doutra parte, inviste 1,5M€ para apoiar en 185 concellos galegos a contratación de 500 persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción. Os contratos, que principalmente os concellos destinan a labores de vixilancia nas praias, serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial.

 

Os dous programas convocáronse no DOG o pasado 20 de abril. Estas medidas teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego. Enmárcanse na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadoras e orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro. 

 

Así mesmo, destacan as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 27 de maio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas