GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

(20/05/2021)

Emigración publica as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

A Secretaría Xeral aumenta a súa dotación este ano co obxectivo de atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia, pasando dos 200.000 euros de 2020 aos 500.000.

 

Foto de arquivo do Consello da Xunta no que se aprobaron as bases das Axudas de Emerxencia Social para galegas e galegos residentes no exterior

Foto de arquivo do Consello da Xunta no que se aprobaron as bases das Axudas de Emerxencia Social para galegas e galegos residentes no exterior

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración publicou no Diario Oficial de Galicia de hoxe as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19.

 

Deste xeito, o Goberno galego destina 500.000 euros ás e aos residentes do exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevidos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais. 

 

Estas axudas, que contarán en 2021 cun crédito orzamentario de 500.000 euros, destínanse a persoas emigrantes galegas e aos seus fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, se atopen en situacións de emerxencia social, derivadas da situación de pandemia xerada pola covid-19. O pasado ano, esta convocatoria xa se viu incrementada ata os 200.000 euros debido aos problemas que comezaron a xurdir polo avance do virus nos distintos países.

 

Estes apoios económicos consisten en axudas de ata 3.000€ por persoa beneficiaria.

 

A covid-19 converteuse nunha pandemia global e as súas consecuencias sociais e económicas redundan no agravamento de situacións persoais que, nalgúns casos, levaron ao límite de exclusión social a familias galegas que viven en terceiros países, especialmente, en América, onde estes problemas veñen a sumarse ás propias dificultades das situacións económicas e sociais que se están a vivir neses lugares. 

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude, como máximo nos últimos doce meses, e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

O prazo destas axudas estará aberto ata o 15 de novembro e, para máis información, as e os interesados poden coñecer a nova liña a través do seguinte enlace: picar aquí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas