GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración colaborará coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa “Merlo” de mentores para emprendedoras e emprendedores galegos retornados

(14/05/2021)

Emigración colaborará coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa “Merlo” de mentores para emprendedoras e emprendedores galegos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e Luis García Deber, vicepresidente da Fundación Ronsel, firmaron hoxe un convenio co obxectivo da posta en marcha desta iniciativa que apoiará e acompañará ás galegas e galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos.

 

Antonio Rodríguez Miranda e Luis García Deber, durante a sinatura do convenio

Antonio Rodríguez Miranda e Luis García Deber, durante a sinatura do convenio

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o vicepresidente da Fundación Ronsel, Luis García Deber, firmaron esta mañá un convenio de colaboración co obxectivo de apoiar dende a administración autonómica o programa “Merlo” de mentores para emprendedoras e emprendedores galegos retornados.

 

Este programa ofrecerá mentores ás e aos emprendedores galegos retornados de cara ao apoio e acompañamento no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios ou actividades profesionais, “de xeito que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social e empresarial en Galicia”, explicou Rodríguez Miranda. 

 

Os interesados e interesarse poderán apuntarse e obter máis información a través do seguinte enlace: https://programamerlo.gal/.

 

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial. Ten acreditada unha ampla experiencia no desenvolvemento de servizos de asesoramento para a orientación laboral e programas específicos dirixidos ás persoas migrantes, entre as que están incluídas as e os galegos emprendedores retornados, sendo un referente en Galicia no uso da ferramenta de mentoría e membro dende 2015 da Red de Youth Business Spain, coa que se desenvolve esta metodoloxía de promoción e apoio ao emprendemento dirixida ao autoemprego e á creación de emprego.

 

O programa Merlo, que desenvolve a Fundación Ronsel, e no que contará coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, é unha iniciativa de mentores dirixido a emprendedoras e emprendedores galegos retornados, no que se presta un servizo de acompañamento por medio dunha figura dun mentor que reforce as súas habilidades e fortalezas para potenciar e consolidar os seus proxectos profesionais cunha maior garantía de éxito, contribuíndo así a mellorar a súa competitividade e produtividade do seu negocio en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas