GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O emigrante carballés en Uruguai que segue tocando o acordeón aos 99 anos

(14/05/2021)

O emigrante carballés en Uruguai que segue tocando o acordeón aos 99 anos

 

Gaiteiro nos seus inicios, orixinario da Imende, é unha institución no país

 

 


carballo / a voz 13/05/2021

 

 

A Imende, parroquia carballesa de Noicela , unha illa territorial dentro da veciña de Rebordelos, é un reduto da música tradicional. É soado o pasodobre de Imende, o mesmo que a muiñeira e o maneo dedicados á localidade, e ata grupos como Fía na Roca dedicáronlle un tema de homenaxe.

 

Da Imende saíron grandes pandereteiras, bailarinas e músicos, e un deles leva desde 1952 en Montevideo , a capital Uruguaia. Emigrou xa maior, con 30 anos, así que ten 99 anos. Cumpriunos o 22 de abril, hai menos dun mes. Son case 70 anos no país americano, pero non esqueceu o seu pasado nin as melodías que aprendeu de moza, e que de cando en vez aínda toca. Xa menos, e curiosamente afectoulle máis a pandemia que a idade. A última vez que se puxo coas teclas do seu acordeón foi precisamente o día do seu aniversario, como lembra o seu fillo Juan, e espera que volva facelo para fin de ano, se non antes. O acordeón é o seu instrumento principal, o que mellor domina. A gaita, menos. Tocouna hai tempo, e especializouse nela o seu fillo, pero algo tamén lle dá. Ou lle daba.

 

José relata a súa historia a través do teléfono, acompañado do seu fillo, que lle axuda nas preguntas que non escoita moi ben. Pero ten unha lucidez e unha memoria envexables para semellante idade, a pesar de que se quite méritos. «Agora xa non toco, paseime da marca. Hai que ter mans e forza, e con 99 anos xa non hai moito diso. Eu atópome ben, pero non teño a forza que tiña», explica, nunha conversación na que ambos van alternando o galego co castelán.

 

José tiña o oficio de carpinteiro, tamén foi panadeiro, pero no que máis traballou foi como cobrador dos autobuses da Cutcsa, mítica compaña fundada polo larachés José Añón, que tamén foi presidente do equipo do Nacional. A música reservábaa ao seu tempo libre. Nos últimos anos tivo un grupo, Vos de Antes, todos maiores de 80 anos. Con Ramón Baliñas, xa falecido, acudía cada semana ao Fogar Español de Anciáns, para animalos coas pezas que lembraban á súa mocidade, antes de emigrar.

 

Daqueles anos con , Os Mallosprevios á guerra civil, como lembrou hai pouco no programa Sempre en Galicia que dirixe Toni García de Seárez. Anos en Bergantiños, aínda que nacera en Monteagudo (Arteixo), de onde era a súa nai, pero marchouse á paterna, A Imende, con 17 anos, e aí casou e naceu o seu único fillo. Os tres emigraron cando este tiña tres anos, e a nai faleceu fai, tamén, tres. En toda esta vida tan longa, a música non deixou de acompañalos nin a un nin a outro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas