GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración prepara unha semana de actos en homenaxe á escritora Xela Arias polo Día das Letras Galegas

(13/05/2021)

A Secretaría Xeral da Emigración prepara unha semana de actos en homenaxe á escritora Xela Arias polo Día das Letras Galegas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as galegas e galegos do exterior poderán desfrutar a partir do próximo sábado, día 15, de actividades culturais diversas como contacontos, obras de teatro, recitais poéticos e a publicación dunha banda deseñada para que as e os máis pequenos coñezan a figura á que se dedica o 17 de maio. 

 

Yolanda Castaño e Isaac Garabatos ofrecerán unha homenaxe, o 17 de maio, a Xela Arias

Yolanda Castaño e Isaac Garabatos ofrecerán unha homenaxe, o 17 de maio, a Xela Arias

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as galegas e os galegos do exterior poderán desfrutar a partir do próximo venres, día 14, de actividades culturais diversas como contacontos, obras de teatro, recitais poéticos e a publicación dunha banda deseñada para que as e os máis pequenos coñezan a figura de Xela Arias, a escritora á que se dedica o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 

Miranda louvou a figura de Xela Arias, escritora, poetisa e tradutora galega, que ademais tamén foi editora e profesora de galego, e á que a Real Academia Galega acordou este ano dedicarlle “o día máis importante da nosa lingua, o 17 de maio, aínda que tódolos días deben ser importantes para o galego, para o seu uso e a súa fala, tamén entre os nosos galegos do exterior, que senten ao escoitar e falar o noso idioma unha volta á súa terra e ás súas raíces, aínda que moitos deles nunca estiveran na nosa comunidade autónoma e só o escoitaran falar aos seus pais ou aos seus avós. Nos nosos centros e entidades do exterior apoiase o idioma, fálase e apréndese, porque considérase como o que é, a nosa gran riqueza cultural”.

 

O secretario xeral da Emigración engadiu que Xela Arias foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea e coa súa homenaxe, a Real Academia pretende recoñecer ás autoras e autores máis contemporáneos que renovaron a lírica en temas, estilo e forma a partir dos primeiros anos dos 80.

 

Por todo o anterior, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha unha serie de actividades que durarán toda a próxima semana, dende o venres 14 ata o domingo 23.

 

Así, o próximo venres, ás 20 horas, terá lugar a presentación en Facebook Live do contacontos sobre a vida de Xela Arias que se poderá ver na páxina GaliciaAberta o sábado 15 ás 16 horas a cargo de Polo Correo do Vento.

 

O domingo 16, a Secretaría Xeral da Emigración compartirá en streaming cos galegos e galegas do exterior a obra de teatro Terceiro Acto do Centro Dramático Galego, a partir das 18 horas. 

 

A poesía versada en Xela Arias chega da man de Yolanda Castaño o propio luns 17, cun recital no que se poderán escoitar versos musicados da escritora galega e tamén coñeceremos moito máis de preto a historia da vida da protagonista do Día das Letras Galegas. Castaño estará acompañada polo guitarrista Isaac Garabatos.

 

O martes 18, a través de Facebook Live, o secretario xeral da Emigración e Enrique Mauricio de Polo Correo do Vento presentarán a biografía de Xela Arias titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua, que estará dispoñible dende o mércores 19 na web de Emigración, GaliciaAberta.

 

O xoves 20 rematará o curso de galego que está a desenvolverse dende fai 24 semanas tódolos luns e xoves ás 20 horas, e, como peche final, farase un especial dedicado ao Día das Letras Galegas, á súa historia e aos seus homenaxeados e homenaxeadas.

 

Finalmente, durante a fin de semana do 22 e 23 de maio, a Secretaría Xeral da Emigración participará xunto aos centros galegos de Pamplona e Araba nos actos poéticos e musicais Idioma da Tinta, que desenvolverá Yolanda Castaño na honra da figura de Xela Arias na Sala de Armas da Ciudadela de Pamplona, acto que se poderá visionar en GaliciaAberta. O día seguinte, a obra representarase no Centro Galego de Vitoria.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas