GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda e Javier Arias reúnense cos bolseiros e bolseiras BEME da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no campus de Lugo

(12/05/2021)

Miranda e Javier Arias reúnense cos bolseiros e bolseiras BEME da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no campus de Lugo

As alumnas e alumnos, estudantes universitarios galegos retornados, están a levar a cabo algún dos mestrados que oferta a USC neste campus da cidade da muralla.

Con esta visita rematan os encontros coas bolseiras e bolseiros que cursan un mestrado nos campus das tres universidades galegas grazas á colaboración da Xunta.

 

Como no resto de universidades, en Lugo tamén se analizaron cuestións como a súa relación con Galicia e o seu interese por continuar vivindo nela, a homologación dos títulos universitarios e a necesidade de axilizar os trámites de residencia das e dos seus familiares sen pasaporte español.

 

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Lugo, coas e cos bolseiros BEME do campus da cidade da muralla

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Lugo, coas e cos bolseiros BEME do campus da cidade da muralla

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Lugo, 12 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, un encontro coas bolseiras e bolseiros BEME que están a cursar un mestrado no campus da USC na cidade da muralla  acompañado do delegado da Xunta nesta provincia, Javier Arias. Á reunión asistiron alumnas e alumnos dos mestrados que imparte o campus de Lugo, que son galegas e galegos retornados do exterior, e que obtiveron en 2020 unha destas axudas de excelencia que outorga a Secretaría Xeral da Emigración para poder ampliar estudos superiores.

 

Os responsables autonómicos coñeceron as historias persoais de cada un dos alumnos e alumnas que asistiron á reunión. Moitas e moitos deles decidiron solicitar esta bolsa de estudos para retornar a Galicia onde naceron ou por ser terra dos seus pais, nais ou avós e avoas, e moitas e moitos deles incluso trouxeron consigo as súas parellas e fillos e fillas.

 

Durante o encontro, as e os alumnos trasladáronlle ao secretario xeral as súas impresións sobre como, en moitos casos, foi a propia pandemia a que fixo que tomaran a decisión de solicitar a bolsa xa que moitas e moitos consideraron que era un bo ano para estudiar dada a situación de paralización mundial que se estaba a vivir. 

 

Outros dos temas que se trataron, como xa sucedeu no resto de campus, foi a necesidade de solicitar ao Estado que axilice a homologación dos seus estudos universitarios, que está a tardar unha media de dous anos, o que lles causa problemas á hora de poder buscar un emprego axeitado á súa formación para poder quedarse a vivir na nosa comunidade autónoma. Os problemas burocráticos coa tramitación da residencia das e dos seus familiares sen nacionalidade española ou o seu interese por emprender en Galicia foron outros dos asuntos que se analizaron neste encontro, co que se pon punto e final á rolda de reunións que o secretario xeral da Emigración levou a cabo cos bolseiros e bolseiras BEME do presente curso das tres universidades galegas. 

 

Na actualidade 162 estudantes atópanse realizando un dos 146 mestrados que ofrecen a USC, a UVigo e a UDC, xa que agunhas e algúns dos matriculados do ano anterior aínda continúan desenvolvendo os seus estudos que constan de 90 créditos.

 

A convocatoria para as bolsas do próximo curso 2021/22 aumentan das 150 de 2020 ata as 200 para este ano de cara a paliar as dificultades causadas pola pandemia da covid-19.   

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

A Xunta impulsa así o retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, pasando das 150 bolsas do pasado curso ás 200 para o 2021/22, co fin de axudar no regreso de máis mozas e mozos a Galicia polas dificultades que poidan existir no exterior a consecuencia da covid-19.

 

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumnado).  

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas