GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración reclama ao Estado a necesidade de axilizar a homologación dos títulos universitarios e a tramitación da residencia para as familias das e dos galegos retornados

(10/05/2021)

Emigración reclama ao Estado a necesidade de axilizar a homologación dos títulos universitarios e a tramitación da residencia para as familias das e dos galegos retornados

O secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, realizou nos últimos días encontros informais coas e cos universitarios de excelencia, BEME, que estudan un mestrado nalgunha das universidades galegas para coñecer as súas inquedanzas e sensacións durante o presente curso.

 

A próxima semana rematarán estas reunións coa visita aos campus de Pontevedra e de Lugo.

 

Antonio Rodríguez Miranda, nun dos encontros celebrados nos pasados días

Antonio Rodríguez Miranda, nun dos encontros celebrados nos pasados días

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante estes días reunións nos campus da Coruña, Vigo, Ourense e Santiago coas bolseiras e bolseiros BEME que están a cursar un mestrado nalgunha das tres universidades galegas. Durante estes encontros detectouse a necesidade de que o Estado central axilice a homologación dos títulos universitarios e os trámites da residencia para as familias das galegas e galegos retornados que carecen de nacionalidade española.

 

As bolseiras e bolseiros BEME son universitarios retornados do exterior ou descendentes de galegas e galegos, e que obtiveron en 2020 unha destas axudas de excelencia que outorga a Secretaría Xeral da Emigración para poder ampliar estudos superiores con algún  dos mestrados que ofertan a UDC, a USC e a UVIGO. A próxima semana rematarán estas reunións coa visita aos campus de Pontevedra e de Lugo.

 

Entre as principais cuestións que expuxeron os alumnos e alumnas atópanse os problemas que están a ter ao retrasarse a homologación dos seus títulos universitarios do país do que proceden, que están a tardar en torno a dous anos, o que lles impide poder acceder a un posto laboral axeitado á súa formación. 

 

Neste senso, Rodríguez Miranda volveu facer fincapé na necesidade de que o Goberno central tome nota desta necesidade real “dos retornados galegos do exterior”, xa que é “un requisito moi importante para que poidan desenvolver o seu labor profesional aquí e por tanto, emprender ou traballar en Galicia”.

 

De feito, a maioría das e dos bolseiros expresaron a súa intención de quedarse en Galicia polo que a súa futura inserción laboral é unha das súas principais inquedanzas, xunto ao feito de poder traer con elas e eles as súas familias, xa que moitas e moitos teñen parella sen nacionalidade española e incluso fillas ou fillos que chegan con eles a vivir durante todo o curso na nosa comunidade. Os problemas para a tramitación da residencia é tamén outro dos problemas aos que deben enfrontarse.

 

Na actualidade 162 estudantes atópanse realizando un dos 146 mestrados que ofrecen a USC, a UVigo e a UDC, xa que algunhas e algúns dos matriculados do ano anterior aínda continúan desenvolvendo os seus estudos que constan de 90 créditos.

 

Para o próximo curso, as bolsas aumentarán das 150 de 2020 ata as 200 de cara a paliar as dificultades causadas pola pandemia da covid-19.   

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas