GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dobre imposición ás pensións alemás

(06/05/2021)

Dobre imposición ás pensións alemás

 

Crónicas de la Emigración| 5 de maio de 2021

 

Luis Gulin 2

Luís Gulín.

 

O 19 de maio comeza ante o Tribunal Superior de Finanzas de Alemaña (Bundesfinazhof- BFH) un xuízo de suma importancia para máis de 22 millóns de persoas que perciben pensión de xubilación de Alemaña, entre eles miles de emigrantes retornados. Ante esta Corte suprema xermana competente no ámbito dos tributos, con sede na capital de Baviera, Munich, a sala 10 (alí á sala chámase Senado) terá que decidir se someter as pensións de xubilación ao IRPF é unha dobre imposición prohibida constitucionalmente.

Ten suma importancia a decisión do BFH para os nosos emigrantes retornados de Alemaña, dado que eles polo convenio de dobre imposición entre Alemaña e España do ano 2013 están obrigados a pagar un 5 por cento da súa pensión de xubilación alemá ao fisco xermano a condición de que exista o feito de que cobran por primeira vez desde o 1 de xaneiro de 2015 unha pensión de xubilación, viuvez, incapacidade, invalidez ou orfandade. Este imposto obviamente a moitos dos retornados provoca dores de cabeza argumentando con sentido común de que xa pagan impostos aquí e fan a declaración da renda en España. Por que teñen que pagar aos alemáns tamén? Pois iso habería que preguntalo ao entón ministro de Facenda do goberno de Mariano Rajoy, Cristóbal Montoro, que foi o artífice deste acordo e que logo o utilizou con saña e mala fe contra miles de emigrantes retornados de Alemaña, que afortunadamente foron amparados pola xustiza por estar vixente ata o 2013 o convenio do ano 1968 que establecía claramente que as pensións de Alemaña estaban exentas de declarar e tributar.

Cal é o punto de partido en Alemaña? Desde hai anos os expertos fiscais veñen reclamando unha transparencia clara nas avaliacións das pensións e dos impostos. Actualmente, máis de 150.000 pensionistas alemáns iniciaron procedementos contra a dobre imposición. A reacción da Facenda alemá é que coa lei tributaria en man a carga da proba da dobre imposición recae nos pensionistas afectados. E quen deles garda todos os documentos desde o inicio da súa vida laboral e os impostos pagos correspondentes?

A análise da situación será moi complexo para o BFH. O bo sinal é que admitiu dúas denuncias a trámite por existir unha sospeita inicial dunha dobre imposición ilegal. Un informe do BFH a finais do ano 2019 concluíu que impoñer o IRPF ás pensións dese país era inconstitucional. Trátase dun documento emitido pola Presidencia do Tribunal Federal de Finanzas nese país, o señor Egmont Kulosa, que sostén a inconstitucionalidade de obrigar a tributar o IRPF a quen recibe unha pensión alemá. Para o maxistrado supón unha dobre tributación por un mesmo concepto. O devandito informe tamén recolle que, se o traballador xa cotizou en vida laboral por iso, o que percibe na vellez non debería estar suxeito a impostos.

Se o resultado final é favorable aos xubilados tampouco esperen que haxa unha devolución automática e de oficio dos impostos cobrados indebidamente. A sentenza, segundo expertos fiscais, tería que ser avalada a maiores polo Tribunal Constitucional xermano con sede en Karlsruhe. Ata que se complete a aclaración legal, non haberá unha devolución automática por parte da Axencia Tributaria alemá. Se o Tribunal Constitucional Federal finalmente confirma a dobre imposición, o Bundestag debe tomar medidas e desenvolver un novo imposto aplicado ás pensións. E coas eleccións xerais en setembro este proceso levará anos en lugar de meses.

 

Luis Gulín Iglesias, secretario provincial de Emigración PSOE Ourense

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas