GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para a formación a persoas desempregadas, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

(04/05/2021)

A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para a formación a persoas desempregadas, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

O Goberno autonómico destina 44,3M€  para a cualificación de 16.600 persoas, aumentando así nun 23% o orzamento con respecto á última convocatoria destas axudas. 

 

O obxectivo é poñer a disposición dos galegos e galegas unha formación de calidade co reto de incrementar as súas oportunidades laborais a través dunha oferta formativa de 1.100 cursos. 

 

Adóptanse medidas flexibles, como o impulso da teleformación, para facilitar o desenvolvemento dos cursos nun escenario de pandemia. 

 

Trátase dunha oferta formativa adaptada ás demandas do tecido empresarial e que permite acceder a certificados de profesionalidade con validez no Estado.

 

Este programa formativo é unha das preto de 60 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

Este programa formativo é unha das preto de 60 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria de axudas para a realización de cursos de formación para persoas desempregadas, unha iniciativa na que a  Xunta vai investir preto de 44,3 millóns de euros, un 23% máis que o pasado ano para poñer a disposición de 16.600 galegos e galegas en situación de desemprego unha formación de calidade a través de máis de 1.100 cursos. Esta iniciativa inclúese dentro da Estratexia Galicia Retorna.

 

A actuación permitirá incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas a través dunha oferta deseñada pola Consellería de Emprego e Igualdade que está adaptada ás necesidades do tecido empresarial e ao novo contexto xerado pola covid-19. Así mesmo, a iniciativa permitirá ás e aos participantes acceder aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado. 

 

Os interesados e interesadas teñen más información no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210430/AnuncioG0599-190421-0003_gl.html.

 

A Xunta reforza a formación para persoas desempregadas dentro do marco do Plan de formación para o emprego ao que se irán sumando novas accións formativas co obxectivo de aumentar as capacidades dos galegos e galegas. 

 

A estas axudas poden concorrer ata o próximo 31 de maio, cando finalizará o prazo de solicitude, as entidades que sexan titulares de centros de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral naquelas especialidades formativas para as que se soliciten os apoios, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta. 

 

Esta convocatoria para os anos 2021/2022 inclúe algunhas novidades para adaptar a formación ao novo contexto xerado pola crise sanitaria. Así, adóptanse medidas flexibles para facilitar o desenvolvemento dos cursos nun escenario de pandemia como é o impulso da teleformación e a aula virtual para, por exemplo, os casos nos que o alumnado teña que estar confinado e responder, deste xeito, a causas sobrevidas como consecuencia da covid-19. 

 

Traballadoras e traballadores afectados por Erte

 

Ademais inclúese como beneficiarias e colectivo prioritario destes cursos a aquelas persoas traballadoras afectadas por Expedientes temporais de regulamento de emprego (Erte), suspensións de contratos de traballo ou reducións de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, ou derivadas de forza maior. Así mesmo, e, como novidade, potenciarase a realización de accións formativas dirixidas a persoas con discapacidade. 

 

Os cursos van dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, aínda que se admitirá a participación de ata un 30% de persoas traballadoras ocupadas, sempre e cando non se cubran as prazas ofertadas para as desempregadas. A formación que se impartirá será acorde ás necesidades que está a demandar o tecido empresarial de Galicia. Cómpre salientar ademais que un 50% do orzamento dos cursos para desempregadas e desempregados se destinará á formación en competencias clave, os sectores do metal, o naval, a automoción, as competencias dixitais e a construción. Ademais, priorizaranse os cursos relacionados coa Industria 4.0, as especialidades con maior demanda no mercado laboral ou maiores perspectivas de emprego. 

 

Os alumnos e alumnas poden acceder a estes cursos a través das oficinas de emprego de Galicia ou da páxina web: https://emprego.xunta.gal. Continuarase, deste xeito, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de elixir o curso, independentemente do lugar de residencia, e as entidades e centros adxudicatarios das axudas poderán elixir de forma directa ás e aos participantes. 

 

A formación para o emprego é unha prioridade para a Xunta de Galicia que destina este ano máis de 72 millóns a diferentes programas -un 3,3% máis que en 2020- como son, entre outros, as unidades formativas na empresa ou a formación para persoas ocupadas. A Administración autonómica, ademais, conta con programas mixtos de formación e colocación como son os obradoiros e os programas integrados de emprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas