GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración avanza no proceso de axudas ás entidades galegas do exterior coa publicación das emendas ás solicitudes, paso previo á súa concesión

(02/05/2021)

A Secretaría Xeral da Emigración avanza no proceso de axudas ás entidades galegas do exterior coa publicación das emendas ás solicitudes, paso previo á súa concesión

Antonio Rodríguez Miranda recorda que este departamento autonómico destina máis de 1,7 millóns de euros para a realización de obras, adquisición de equipamentos, funcionamento e actividades dos centros galegos no exterior.

 

Foto de arquivo realizada na sede de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, tralas obras de mellora da mesma

Foto de arquivo realizada na sede de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, tralas obras de mellora da mesma

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recordou que o departamento que dirixe avanza no proceso de axudas ás entidades galegas do exterior coa publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas tanto aos programas de apoio para obras e adquisición de equipamentos como aos de funcionamento e actividades. En total, a Secretaría Xeral destina a ambas liñas de axudas máis de 1,7 millóns de euros.

 

A primeira convocatoria de axudas para as entidades galegas do exterior está destinada a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo, adaptándoas as circunstancias da covid-19.

 

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, posta en marcha de proxectos e desenvolvemento de accións relativas ao Ano Santo. 

 

O orzamento é de 1,2 millóns de euros, dos que 800.000, o dobre que o ano pasado, diríxense directamente a funcionamento, debido á situación da covid-19, que reduciu enormemente a capacidade económica destes centros, moitos deles coa súa restauración pechada e as súas actividades paralizadas ou executadas vía telemática. 

 

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade. 

 

Finalmente, e como outra novidade desta convocatoria, a terceira liña destas axudas ten como obxectivo axudar á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo. 

 

En canto á segunda convocatoria de axudas, está dirixida á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións. A maiores, abriuse tamén a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á administración.

 

O secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, destacou que “queremos chegar a todas as entidades nestes momentos de pandemia con todos os recursos dispoñibles”.

 

Por iso, como novidade, este ano puidéronse acoller a ambas liñas de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas