GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A oficina do DNI da Policía Nacional queda en Carballo de forma definitiva

(30/04/2021)

A oficina do DNI da Policía Nacional queda en Carballo de forma definitiva

 

A proposta partiu da Confederación Española da Policía (CEP)

 

El servicio se puso en marcha en la capital de Bergantiños a finales de marzo del 2017.

O servizo púxose en marcha na capital de Bergantiños a finais de marzo do 2017.

 


Carballo / La Voz 30/04/2021 

 

En marzo do 2017 púxose en marcha na planta baixa do consistorio (fronte á rúa Cervantes) a Unidade de Estranxeiría e Documentación de Carballo. Púñase así fin a unha vella reivindicación dos concellos da Costa da Morte, cuxos veciños tiñan que ir a Santiago e A Coruña a sacarse ou renovar o DNI ou o pasaporte. Unha comarca que, por outra banda, conta cun elevado volume de poboación emigrante e que precisa destes trámites para regular a súa situación laboral e persoal nos países de residencia. Catro anos despois, este servizo demostrou ser un gran acerto porque os axentes tramitaron máis de 50.000 documentos. A maior parte de quen o utilizan son veciños de Bergantiños, pero a oficina de Carballo xa é un punto de referencia a nivel supracomarcal.

 

O que sucede é que esta iniciativa tiña un carácter temporal, con prórrogas sucesivas por períodos de seis meses. Por iso, desde a Confederación Española de Policía (CEP) déuselle traslado, o pasado 11 de marzo, á Dirección Xeral da Policía (DGP) da necesidade de que esta iniciativa tivese un carácter definitivo e permanente. Algo que desde a CEP confirmaron onte: «Logrouse que a Dirección Xeral da Policía poña en marcha a creación definitiva da Unidade de Estranxeiría e Documentación de Carballo», apuntaron nun comunicado.

 

No 2020 foron tramitados 11.855 documentos oficiais

 

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional tramitou o ano pasado en Carballo 11.855 documentos, un 17% menos que o anterior.

 

Pese ao peche da oficina en abril, polo confinamento derivado do estado de alarma, só se tramitaron 813 carnés de identidade menos que en todo o 2019, pero o descenso explícase pola cifra de pasaportes, que se reduciu a menos da metade: como consecuencia da caída en picado das viaxes, pasou de 2.857 a 1.252, segundo sinala o goberno local nun comunicado de balance. A media mensual no 2019 superaba o milleiro de documentos, pero no 2020 caeu ata os 883 pola drástica redución da actividade durante o estado de alarma.

 

No mes de marzo tramitáronse 606 documentos (482 DNI e 124 pasaportes), pero en abril, ningún, e en maio, 48 documentos de identidade e ningún pasaporte. A actividade normal empezou a remontar en xuño, con 921 documentos. Entre o 20 de marzo do 2017, cando arrincou este servizo, e o de decembro pasado, foron tramitados máis de 50.000 documentos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas