GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados volven en busca de “ igualdade”

(30/04/2021)

Os retornados volven en busca de “ igualdade”

 

Los retornados volvieron a las protestas en octubre tras el inicio de la pandemia.

Os retornados volveron ás protestas en outubro tras o inicio da pandemia. Óscar Pinal


La Región.Lara Blanco

29/ abr./21


A plataforma provincial prepárase para unha manifestación en xuño

 

A Lei 35/2006 volve sacar ás rúas aos emigrantes retornados. A plataforma provincial prepara unha nova mobilización, en coche como a de outubro, para reclamar “ igualdade” fiscal, xa que pagan máis por recibir diñeiro por parte de dous pagadores. “Levamos moito tempo parados e a situación que vivimos non ten pinta de arranxarse”, lamenta Luís Quintas, presidente do colectivo.

No medio da campaña da declaración da renda, os retornados sairán a reclamar un escenario máis xusto a nivel tributario. “Seguimos ignorados, asinamos un acordo para telo arranxado en decembro de 2020 e non se fixo nada”, afirma Quintas. Por este motivo, sairán con máis ganas e os seus coches percorrerán as rúas co ánimo de “ facer ruído” e que a súa reclamación sexa visible.

A pandemia limitou as súas protestas, que se frearon en marzo do ano pasado e só puideron retomalas en outubro. Agora planean volver coa mesma forza reivindicativa. “Dende 2008 petan nas casas dos xubilados retornados para quitarlles os seus aforros”, afirma Quintas.

O colectivo púxose en contacto coa Axencia Tributaria, pero sen resposta algunha. “Seguimos sen coñecer a razón de que se actúa así con nós”, comenta. Moitos destes retonados abandonaron o país en busca dun futuro, seguiron enviando diñeiro ás súas familias e, unha vez retirados, regresaron.

Algúns deles volveron deixar aos seus familiares atrás ao deixar o lugar ao que emigraron, con fillos ou netos que fixeron a súa vida “e iso só nós sabemos ou que é vivir sempre lonxe deles”, apunta Quintas, quen resalta os seis mil millóns de euros que achegan os retornados ás arcas públicas: “Aos políticos dalles vergonza recoñecelo”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas