GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un proxecto internacional liderado pola UVigo estudará a literatura de fronteiras do século XXI

(29/04/2021)

Un proxecto internacional liderado pola UVigo estudará a literatura de fronteiras do século XXI


Europa Press | mércores, 28 de abril de 2021



Las docentes e investigadoras María Alonso, Carmen Luna e Gabriela Rivera, participantes en el protecto de la UVigo 'Narrativas das novas diásporas'

As docentes e investigadoras María Alonso, Carmen Luna e Gabriela Rivera, participantes no proxecto da UVigo 'Narrativas das novas diásporas'


Un proxecto "interdisciplinario, multicultural e transnacional" da Universidade de Vigo (UVigo) analizará durante os próximos dous anos a literatura de fronteiras do século XXI --literatura de autores que experimentaron a emigración-- desde dous aspectos fundamentais: as zonas de conflito e as zonas de confort.

Segundo informou a universidade viguesa, neste proxecto, que se recolle baixo o título 'Narrativas das novas diásporas', participan investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, así como expertos das universidades de Bangor, Hong Kong, Varsovia, A Coruña e La Laguna.

A docente e investigadora do grupo Elicin da UVigo María Alonso, que lidera este proxecto, destacou que "os movementos diaspóricos están a afectar as fronteiras literarias". Neste marco, indicou que "a innovación" que propón este estudo "reside no cambio de paradigma conceptual e teórico ao centrarse na dicotomía entre zona de confort e conflito".

"A experiencia migrante varía enormemente se se dá en zonas de confort ou en zonas de conflito" e elementos que parecen comúns "trátanse de forma diferente" segundo se dea nunha situación ou a outra, explicou. Por iso, este proxecto busca "abordar estas diferenzas desde o ámbito da literatura comparada".

Como exemplo do anterior, apuntou que "non é o mesmo ser unha emigrante galega de nova xeración no Reino Unido pre-Brexit que post-Brexit, da mesma forma que non é o mesmo ser unha emigrante mexicana en Estados Unidos que ser unha emigrante mexicana con orixe galega retornada ao país dos teus pais".

No relativo ás zonas de confort, o traballo centrarase na intra-migración en zonas de confort, a inmigración legal e a literatura de retorno, emigrantes de primeira ou segunda xeración e exofonía e tradución. Acerca das zonas de conflito, o traballo desenvolverase sobre literatura de fronteiras en conflito, literatura de refuxiados e re-emigración, narrativas do Brexit e literatura sobre a 'Fortaleza Europea'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas