GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta investirá 16,2M€ na contratación de 1.800 persoas nos concellos de Galicia, entre outros co programa Aprol Rural que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

(28/04/2021)

A Xunta investirá 16,2M€ na contratación de 1.800 persoas nos concellos de Galicia, entre outros co programa Aprol Rural que forma parte da Estratexia Galicia Retorna

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a orde de axudas destinada á contratación de persoas perceptoras da Risga, que se suma ás dúas convocatorias xa publicadas a semana pasada: o programa Aprol Rural e o dirixido á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social.

 

A Consellería de Emprego e Igualdade apoia á Administración local con estes tres plans de apoio para facer fronte aos efectos que a covid-19 está xerando no mercado de traballo.

 

As tres actuacións forman parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está impulsando en Galicia a calidade no emprego e coa que no último ano se contribuíu a un incremento da contratación indefinida .  

 

O programa Aprol Rural é unha das máis de medio cento de medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

O programa Aprol Rural é unha das máis de medio cento de medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021.

 

A Xunta investirá nos próximos meses 16,2 millóns de euros para apoiar a contratación de 1.800 persoas sen emprego nos concellos galegos a través de tres convocatorias de axudas: a dirixida á contratación de persoas perceptoras da Risga; o programa Aprol Rural, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna; e o destinado á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social (as dúas últimas convocáronse no DOG o pasado 20 de abril).

 

O Goberno galego, deste xeito, impulsará o emprego local a través destes tres programas para facer fronte aos efectos que a covid-19 está xerando no mercado de traballo.  

 

O Aprol Rural contará cun orzamento de 7M€ para a contratación de 600 persoas desempregadas en 290 municipios rurais galegos para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

 

O Diario Oficial de Galicia publica así, dunha banda, as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios. O obxectivo é proporcionar aos beneficiarios e beneficiarias a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.

 

Por último, o Goberno autonómico inviste 1,5M€ para apoiar en 185 concellos galegos a contratación de 500 persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial.

 

Os dous últimos programas convocáronse no DOG o pasado 20 de abril. Os concellos teñen de prazo ata o 20 de maio para pedir os apoios. 

 

Estas medidas teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego. Enmárcanse na Axenda 20 coa que a Xunta pretende crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas