GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O prazo de presentación das bolsas BEME de Emigración para cursar mestrados nas universidades galegas remata o próximo venres, día 30

(26/04/2021)

O prazo de presentación das bolsas BEME de Emigración para cursar mestrados nas universidades galegas remata o próximo venres, día 30

Este tipo de bolsa conta cunha axuda autonómica que ten como obxectivo sufragar a viaxe, matrícula, aloxamento e manutención. 

 

As e os interesados poden consultar más información no seguinte enlace: https://emigracion.xunta.gal/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2021

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este programa

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este programa

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021.

 

O prazo de presentación das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) está a piques de rematar, xa que se pecha o prazo o próximo venres, 30 de abril. Estas bolsas permiten aos galegos e galegas do exterior poder optar a unha bolsa de axudas para un mestrado dunha das tres universidades da comunidade autónoma para o próximo curso 2021/22.

 

A bolsa BEME dota á e ao estudante cunha axuda económica que ten como finalidade sufragar a viaxe, matrícula, aloxamento e manutención. “Queremos animar a todos aqueles estudantes galegos do exterior que desexen obter esta bolsa a que a soliciten porque este ano aumentamos o número de axudas de 150 a 200”, explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

 

Na actualidade 162 estudantes atópanse realizando un dos 146 mestrados que ofrecen a USC, a UVigo e a UDC xa que algúns dos matriculados e matriculadas do ano anterior aínda continúan desenvolvendo os seus estudos que constan de 90 créditos.

 

A quinta edición supón un novo incremento no número de prazas dispoñibles, pasando das 150 do ano pasado ás 200 para o próximo curso, de cara a paliar as dificultades causadas pola pandemia da covid-19.   

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

As beneficiarias e beneficiarios deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitida ou admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas.

 

A Xunta impulsa así o retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, pasando das 150 bolsas do pasado curso ás 200 para o 2021/22, co fin de axudar no regreso de máis mozas e mozos a Galicia polas dificultades que poidan existir no exterior a consecuencia da covid-19.

 

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles e aquelas que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna). 

 

O obxectivo das BEME é non só atraer cada ano galegas e galegos que viven fóra e que completen aquí a súa formación especializada senón que traballen en Galicia e que fixen tamén no territorio galego definitivamente a súa residencia.

 

Neste sentido, todos os beneficiarios e beneficiarias destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. 

 

As e os interesados poden consultar más información no seguinte enlace: https://emigracion.xunta.gal/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2021.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas