O xoves 22 celebrou un encontro virtual con grupos de fóra de Galicia, principalmente de Asturias e Andalucía, e este sábado unha reunión presencial en Xinzo, na que tamén participou o presidente da Asociación de Emigrantes Retornados de Ourense, Luís Quintas.

 

O secretario de Emigración, Luís Gulín, transmitiu as novidades desta campaña, especialmente as derivadas da recente sentenza do TEAC do 23 de marzo sobre o recoñecemento da inclusión na declaración do IRPF os gastos sociais das pensións estranxeiras.

 

As sesións baseáronse “en explicar con casos prácticos a figura do segundo pagador, a documentación a presentar da pensión estranxeira para incluír gastos sociais estranxeiros como gastos deducibles, e como rectificar os ingresos de 2016 en base á sentenza do 23 de marzo”.

 

As xornadas continuarán no Carballiño, Verín e Ourense.