GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 4 de maio

(26/04/2021)

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 4 de maio

A convocatoria da reunión, que será telemática, será a segunda do ano para permitir un contacto máis estreito e permanente nestes difíciles momentos.  

 

A reunión vai a permitir coñecer a situación das Comunidades Galegas no mundo e expoñer o desenvolvemento dos novos programas de axudas no contexto covid, así como a planificación das accións relacionadas co Xacobeo. 

 

Imaxe de arquivo da Comisión Delegada do pasado mes de decembro coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Imaxe de arquivo da Comisión Delegada do pasado mes de decembro coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2021.

 

A Secretaria Xeral da Emigración informa da publicación no DOG do pasado 21 de abril da convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará de xeito telemático o próximo 4 de maio. 

 

Este encontro telemático supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior no que se analizará a situación na que se atopan estas colectividades no actual escenario mundial da covid-19. Tamén se vai a expoñer o desenvolvemento dos novos programas de axudas no contexto da pandemia e avanzarase na planificación das diferentes accións que se van pór en marcha tendo en conta que estamos xa a celebrar o Xacobeo.

 

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos e galegas de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan ás e aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas. 

 

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario alomenos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Esta sería xa a segunda reunión que se desenvolve neste ano, pois trátase de ter un contacto máis directo e intenso, polas dificultades que se están a vivir en todo o mundo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas