GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 2.072.259 traballadores estranxeiros de media en marzo

(22/04/2021)

A Seguridade Social rexistra 2.072.259 traballadores estranxeiros de media en marzo

 

afi ext 

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

22/04/2021

 

  • Suma 18.262 ocupados extranxeiros respecto a febreiro
  • Hostalería (3,45%), Industrias extractivas (3,04%), Construción (2,97%) e Agricultura, Gandería e Pesca (1,75%) son os sectores que rexistran maiores aumentos
  • Representan un 10,90% do total de afiliados á Seguridade Social


A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.072.259 traballadores estranxeiros afiliados en marzo, o que supón 18.262 persoas ocupadas máis que o mes anterior (0,89%).

En conxunto, estes traballadores representaron de media un 10,90% do total.

Do total de afiliados estranxeiros, 1.319.511 procedían de países de fóra da UE (63,68%) e o resto (752.748) de países comunitarios (36,32%). Os grupos de cotizantes estranxeiros máis numerosos foron os procedentes de Romanía (328.456), Marrocos (267.571), Italia (122.372) e China (98.329).
Un 59,93% foron homes (1.179.827), mentres que o 43,07% foron mulleres (892.432).

Afiliación media mensual

Os datos de afiliación media de estranxeiros reflicten en marzo un aumento de 18.262 ocupados en termos intermensuales. Rexistran aumentos por encima do 2% Cantabria (4,52%), Illas Baleares (3,64%) e Andalucía (2,52%). Séguenlles Galicia (1,60%) e Asturias (0,98%).


evolucion



Pola contra, rexistran un descenso da afiliación estranxeira este mes A Rioxa (-2,81%), Aragón (-1,99%), Castela-A Mancha (-1,81%), Ceuta (-1,63 %) e Navarra (-1,46%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros encadrouse no Réxime Xeral, con 1.697.630 afiliados, que inclúe o Sistema Especial Agrario, con 235.603 ocupados, e o de Hogar, con 164.830. Seguíronlle o Réxime de Traballadores Autónomos con 370.217; o Réxime Especial do Mar, con 4.382, e o do Carbón, con 30.

O Réxime Xeral marcou de media no mes un 0,81% máis de afiliados estranxeiros. Entre os sectores cun comportamento positivo, destacan Hostalería (3,45%), Industrias extractivas (3,04%), Construción (2,97%) e Agricultura, Gandería e Pesca (1,75%).

Mención á parte merecen os sistemas especiais que integran o Réxime Xeral, en concreto o Agrario que en marzo rexistrou un descenso de 1,13% traballadores, e o de Hogar que aumentou un 0,40%.

maoa




O número de estranxeiros rexistrados no Réxime Especial de Autónomos subiu un 1,15% no último mes, ata rexistrar 370.217 traballadores.

As comparacións respecto ao ano pasado non son moi representativas debido ao forte impacto da pandemia do COVID no mercado laboral na metade do mes de marzo de 2020

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas